19 de xuño de 2010

A GUARDA

BIG XUNHO 2010
KAMPOSINO MINHOTO

Saíu o boletín do concello de A Guarda xunho 2010 e unha vez mais non di onde foi impreso.

Unha das noticias é a “conquista” de dúas bandeiras azuis, os técnicos de medio ambiente son uns fenómenos seguramente fixeron o informe de noite.
As praias en Semana Santa daban vergonza e os peiraos do Codesal e Armona seguen sen estar arranxados, so están acondicionando os peiraos do Bº da Pasaxe (Cheira a esturro). As praias do Codesal, Laminha dan noxo do lixo que tenhen e da falta de servizos.

Unha gran noticia é que facer o caminho da raia amarela é “deporte”. O concelleiro de deportes do concello, de A Guarda reflexa o seu conhecemento en esta materia. Esta gran idea tería ser proposta no Pleno, enviala a Xunta, Parlamento para que sexa incluída na IAFF e sexa considerado deporte olímpico. En estas marchas van moitos que presumen de laicos e unha considerable cantidade de pecha tabernas, dentro de pouco tomar unha birra tamén será deporte.

Chama a atención que para facer unha visita ao monte Trega, Torroso se faga de noite para “ver” moito mellor os petróglifos. O guía será o “antropólogo – arqueólogo, etc...", “Antolín o Gnomo”, conhecido como o caza subvencións, e lamecús do Goberno de turno.

No boletín non ollamos nada sobre a senda litoral (Delito ecolóxico e medioambiental), tódolos partidos políticos son culpables desta desfeita. ¿Onde está o esforzo do concello? Perdón decateime que tódolos esforzos foron empregados en conseguir as bandeiras azuis.

A Guarda 19 de xunho 2010

Ningún comentario:

Publicar un comentario