O CLUB DEPORTIVO MIÑO-TEIXUGOS LOGRA DÚAS MEDALLAS DE BRONCE NA 4ª COPA DE ESPAÑA DE SLALOM
Informa (Texto e imaxes): Rosa Fernández / Padrón
Os Teixugos acudiron con nove palistas, dos cales clasificaronse para semifinais catro. Pasaron á final Laura Valcarcel en K1 xuvenil e Alejandro Ochoa en C1 xuvenil, rematando os dous en terceiro lugar, conseguindo por tanto dúas medallas de bronce. Tamén tiveron medalla os galegos Antía Loira, do Val Miñor, de ouro en K1 xuvenil e Mario Fontán, do C.P. Baiona e Marcos Fortes, do C.P. Penedo, de ouro e prata respectivamente, en C1 xuvenil.
O club dos Teixugos acudiu as tres competicións anteriores celebradas en Irún, Orthez (Francia) e na Seu d´Urgell sen conseguir medalla, pero colocando sempre ún ou dous palistas nas semifinais. A maioría das medallas deste deporte repártense entre os clubes vascos e cataláns, aínda que nos últimos anos os clubes galegos están collendo protagonismo.
Podedes ver unha reportaxe fotográfica dos "teixugos" participantes nesta ligazón.
Podedes ver unha reportaxe fotográfica dos "teixugos" participantes nesta ligazón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario