Infogauda / Ourense
A Deputación de Ourense, o Centro Cultural e o Centro Comercial Aberto traen de novo os “Sábados de Lecer”, unha iniciativa que ten como obxectivo dinamizar cultural e comercialmente a cidade de Ourense, “regalando” ocio para os rapaces e tempo para os pais durante o fin de semana.
Trátase de actividades ao ai re libre dirixidas a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos, que se realizarán nos Xardíns o Padre Feijoo en horario de 11.30 a 13.00 horas. Comezaron o pasado sábado e prolongaranse inicialmente ata finais de xuño. Consisten en contacontos e obradoiros de lectura, debuxo e ilustración que se realizarán con publicacións de coleccións infantís do Consorcio Editorial Galego, que engloba a 34 editoriais galegas.Ao mesmo tempo, preténdese que estas actividades organizadas para os rapaces lles permitan aos pais e familiares dispoñer de máis tempo libre os sábados pola mañá para que poidan dedicar ese tempo de ocio a outras actividades, entre elas a dinamizar o comercio local.Segundo explicou Francisco González, director do Centro Cultural da Deputación, “con este proxecto preténdese axudar aos rapaces a desenvolver destrezas sociais e creativas, á vez que se lles estimula para adquirir maior hábito de lectura; e tamén permítelles aos pais ter tempo libre para realizar recados e outro tipo de actividades que reservan para os sábado”.Os nenos e nenas interesados en participar nos “Sábados de Lecer” teñen unha cita o sábado, 15 de maio, nos Xardíns do Padre Feijoo, ás 11.30 horas. En función da demanda e da participación dos nenos, as actividades os sábados de setembro a marzo de 2011, en total 33 sábados. A organización das actividades contará coa participación de monitores que traballarán con grupos de 12 rapaces, nos que se irán realizando os diferentes obradoiros durante a hora e media que dura a actividade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario