ACORDO ENTRE DEPUTACIÓN E XACOBEO PARA O CONCERTO DE LEONARD COHEN EN OURENSE
A Deputación provincial de Ourense e o Xacobeo de Galicia chegaron a primeira hora desta tarde a un acordo de financiamento conxunto para a realización dun concerto de Leonard Cohen en Ourense, o vindeiro dia 11 de setembro.
Con anterioridade, o Xacobeo realizara unha oferta á Deputación de financiamento paritario desta actividade cultural. O presidente da Deputación, José Luis Baltar, formulou unha contraproposta, dado que entendía que ao ser unha iniciativa promovida polo Xacobeo debería ser esta entidade a que realizase unha maior aportación.Esta tarde, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, pechou co titular da Deputación as condicións económicas da actuación do prestixioso cantante en Ourense. Queda aínda por definir a ubicación definitiva do concerto. A Deputación ofrece as instalacións do pazo dos deportes Paco Paz pero dende a consellería dubidan entre esta opción ou a realización do concerto nun lugar ao aire libre.

Ningún comentario:
Publicar un comentario