A DEPUTACIÓN PRESENTA Á SEGUNDA CONVOCATORIA DOS PROGRAMAS DA UE SOBRE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA SEIS PROXECTOS CUN PRESUPOSTO DE 10,7 MILLÓNS DE EUROS
Louzán anunciou no IV Foro do Val do Minho que se celebra en Mondariz as iniciativas para eficiencia enerxética, e-Administración, comercio, servizos sociais mar e valorización do patrimonio cultural
Infogauda / Mondariz
A Deputación de Pontevedra presenta á segunda convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, seis proxectos cun presuposto total de 10,7 millóns de euros. Así o anunciou hoxe o presidente da institución provincial, Rafael Louzán, no acto de apertura do IV Foro do Val do Minho Transfronteirizo que se celebra en Mondariz-Balneario e que será clausurado esta tarde polo conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda.
Os proxectos -cuio prazo de presentación remata o vindeiro 31 de maio - son os seguintes:
· Retaler, de eficiencia enerxética, cun presuposto de 2,5 millóns
· Enred@ , para modernización da Administración Electrónica, 2,4 millóns
· Comercio/Consumo, de cooperación transfronteiriza en áreas de comercio e consumo, 1,7 millóns
· Proamare, para apoio do sector do mar e embarcacións tradicionais, 1 millón
· Arqueoloxía en castros, para o estudo e valorización do patrimonio cultural, 0,5 millóns
· Social Tech, de cooperación en servizos sociais, 1,9 millóns.
No acto de inauguración do Foro, Louzán destacou que no periodo 2003-2010 a Deputación de Pontevedra xa participou en 31 proxectos con fondos comunitarios que posibilitaron inversións na provincia por valor de máis de 67 millóns de euros. Eses proxectos foron 13 de fomento de emprego, 8 de promoción económica, 4 de cultura e deportes e 5 da área de Medio Ambiente.
Na súa intervención no Foro do Val do Minho, o presidente da Deputación lembrou que a institución provincial é socio fundador da asociación Uniminho - xunto coas cámaras portuguesas de Melgaço, Monçao, Paredes de Coura, Valença do Minho e Vilanova da Cerveira - e destacou a necesidade de potenciar e profundizar nesta liña de colaboración entre Galicia e o Norte de Portugal "(...) para unir esforzos en proxectos comúns que poidan ser útiles e rendibles para os nosos pobos e para a nosa xente".
No Foro Val do Minho Transfronteirizo participan autoridades lusas e galegas e 21 expertos que desenvolven ponencias sobre o transporte público entre as dúas beiras do Miño, a cooperación institucional para os servizos públicos e sobre o emprego.

Ningún comentario:
Publicar un comentario