NOITE DE TANGO CON "LA MINITÍPICA"
VENRES 7 DE MAIO NO ART CAFÉ DA GUARDA
Carmen Somoza / A Guarda
Este venres 7 de maio “La Minitípica” ofrecerá no Art Café, sito na Praza do Reló da Guarda, a partir das 23.30 horas, un recital de tango e outras manifestacións do folclore arxentino.
“La Minitípica” é unha formación que naceu en Galicia hai catro anos para difundir a música do Río da Plata.
O trío de “La Minitípica” está formado por dous músicos bonaerenses Gerardo Rebagliati, voz e segunda guitarra, Juanma Ons, guitarra e segunda voz, e o galego Brian Moure ao contrabaixo.
Realizaron máis de 60 concertos, demostrando a forza do seu directo en Buenos Aires (Arxentina), Düsseldorf (Alemaña), Rodas (Grecia), Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, Mos, Tui, A Guarda, Baiona, e outras localidades galegas.
En vivo dan a coñecer o seu amplo repertorio, ofrecéndolle ao público na súa meirande parte música de tango, pero tamén milongas, chacareras, candombe..., así como outros ritmos arxentinos, en espectáculos de 90 a 120 minutos de duración.

Ningún comentario:
Publicar un comentario