15 de maio de 2010

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL TERRA GALEGA / INICIATIVA VECIÑAL PRESENTOU UNHA MOCIÓN PARA QUE O CONCELLO ELABOURE UNHA RELACIÓN DOS DEPÓSITOS DE GASÓLEO SOTERRADOS


Infogauda / A Guarda
Os concelleiros Celso Rodríguez Fariñas e Isabel Lidia González Alonso, do Grupo Muninicipal Terra Galega / Iniciativa Veciñal, veñen de presentar, para seu debate na vindeira sesión plenaria, e aprobación, se procede, á seguinte moción:
REVISIÓN DE TANQUES DE GASÓLEO SOTERRADOS

En distintas prazas e rúas da nosa localidade existen unha boa cantidade de depósitos de gasóleo, úns en uso e outros abandonados, que na maioría dos casos incumplen a normativa vixente do Ministerio de Industria, sinalada no R/D nº 1523/1999 do 1 de octubro, sobre as revisións e controis aos que deben someterse os depósitos de combustible.
Co paso do tempo, sen un control e mantenemento axeitado, o deterioro pola corroxión, pode provocar fugas que dan lugar a acumulación de gases con risco de explosión e filtracións que causan a contaminación de minas e pozos de auga e do subsolo.

Por todo elo, dende o Grupo Municipal de Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, vimos a plantexar o Pleno a seguinte MOCION:

a).- O Concello de A Guarda elaborará de xeito urxente unha relación dos depósitos soterrados de gasoleo existentes no noso pobo.

b).- En cumplimento do R.D. nº 1523/1999, o Concello solicitará a tódolos propietarios e/ou responsables destas instalacións a certificación por empresa homologada do estado actual de ditos depósitos.

A Guarda, a 13 de maio do 2.010



Celso R. Fariñas / Isabel Lidia González Alonso




Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario