19 de maio de 2010

GALICIA

O cineasta galego Oliver Laxe presenta en Cannes o seu traballo ‘Todos vós sodes capitáns’, única película española na sección Quinzainne des Realitateurs

· O director xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia,. Anxo Quintanilla, xunto a Oliver Laxe, antes da proxección da película 'Todos vós sodes capitáns'
Infogauda / Galicia
Por primeira vez unha produción galega resulta seleccionada nesta categoría, na que só foron elixidos 24 de máis de 2.000 traballos, e que nas últimas dúas edicións non contou con representación española.
A cinta conta co apoio do Consorcio Audiovisual de Galicia pertencente á Xunta de Galicia.
Esta sección serviu outros anos para descubrir talentos da talla de Bigas Luna, Fassbinder, Ang Lee, Jim Marmush ou Martin Scorsese.
Rodada en 35 mm e en branco e negro, narra a historia dun director de cine europeo que realiza unha película cos nenos dun centro social de Tanger.
A economía galega recupera a senda do crecemento e medra un 0,2% no primeiro trimestre de 2010

· José Antonio Campo Andión deu conta dos datos de Contabilidade Trimestral referentes ao 1º trimestre do ano 2010
O PIB galego volve a taxas positivas intertrimestrais logo de ano e medio en negativo
O aumento da economía galega no primeiro trimestre supera nunha décima ao da española.
A rama enerxética rexistrou un forte crecemento do 8,1% no primeiro trimestreÁ espera de avaliar o impacto dos recortes do Goberno central na economía galega, a previsión é pechar este ano cun avance do PIB do 0,2%.
O DOG publica a orde de axudas á constitución e funcionamento das agrupacións relativas ao sector ornamental
As subvencións son para axudar ás Agrupacións de Produtores de Plantas Vivas e Produtos da Floricultura.
A axuda total por agrupación de produtores non poderá superar os 400.000 euros para un período de 5 anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario