26 de maio de 2010

GALICIA

A Xunta de Galicia a e Deputación de Pontevedra colaboran na extensión da banda larga na provincia

· Mar Pereira, durante a presentación das actuacións de extensión da banda larga na provincia de Pontevedra

Infogauda / Galicia

A Administración autonómica está a desenvolver o Plan de Banda Larga 2010-2013 para achegar os servizos de telecomunicacións a toda a sociedade galega.
A Deputación de Pontevedra estenderá redes sen fíos das que se beneficiará o 96% da poboación de 55 concellos ao longo do presente ano.
O Goberno galego investirá máis de 47 millóns de euros para proporcionar o acceso á banda larga a máis do 96% dos habitantes de toda a provincia a través de redes fixas, sen fíos e NGA´s e mediante satélite o 3% restante.
Actualmente, o 21,7% dos habitantes da provincia non dispoñen de acceso a unha rede de calidade.
A iniciativa do Goberno galego permitirá que xa no primeiro trimestre do 2011 a poboación con cobertura sexa do 87% do total.
As entidades municipais poden consultar na Oficina de Concellos da Xunta calquera cuestión relativa ao plan e asesorarse sobre novas tecnoloxías.

Ler máis.

Javier Guerra celebra a decisión da compañía Citroën de fabricar en Vigo unha nova gama de coches orientada aos mercados das economías emerxentes.
O conselleiro de Economía e Industria felicitou hoxe á compañía Citroën por haber tomado a decisión de lanzar na planta de PSA en Vigo o proxecto M3-M4, destinado á países con economías emerxentes.
A Consellería de Economía e Industria lembra o seu firme compromiso co sector da automoción galego co obxectivo de que “Galicia continúe a reforzar a súa posición de liderado dentro da industria española do automóbil”.
O novo Plan Integral Re-Móvete Automoción, “destinado a axudar ao sector a converter a actual conxuntura económica nunha verdadeira oportunidade”, ten un orzamento específico que suporá un investimento de 120 millóns, dentro do que se reservan preto de 40 millóns destinados á planta PSA.

Ler máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario