OFRENDA POÉTICA EN LEMBRANZA DO ESCRITOR E POETA XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO
Infogauda / Cenlle
Este domingo día 16 de maio, ás 12.30 h., na igrexa de Sadurnín (Cenlle), celebrarase unha Eucaristía en sufraxio do poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro.
Rematada a misa, arredor das 13.00 h., terá lugar unha ofrenda poética no cemiterio parroquial de Sadurnín. Este acto, promovido pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e polo PEN Club de Galicia, contará coa presenza de Luís González Tosar e do académico Xesús Alonso Montero, entre outras persoalidades da Cultura do noso país.
Compre salientar que o pasado venres día 14 deste mes, cumpríronse dous anos do pasamento do escritor, poeta e profesor, Xosé Carlos Gómez Alfaro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario