14 de maio de 2010

CANGAS DO MORRAZO


ESTE SÁBADO AS 7,30 DA TARDE ESTÁ CONVOCADA UNHA MANIFESTACIÓN POLO CENTRO DE CANGAS PRA SOLICITAR A MELLORA DO TRAZADO DO CORREDOR VIAL DO MORRAZO


Infogauda / Cangas

Para este sábado está prevista á manifestación que partirá ás 19:30 h. desde o reloxo da Alameda Vella de Cangas e percorrerá de xeito silencioso todo o tramo urbán da PO-551 ata á rotonda do Gordo, de onde parte o enlace co Corredor, e posterior retorno.

Estímase que a protesta durará preto de 2 horas e obrigará a restrinxir o tráfego a seu paso.

Os organizadores da manifestación, familiares de víctimas de accidentes acontecidos neste vial, para o que esixen máis medidas de seguridade, pretenden que a marcha sexa silenciosa e que os participantes porten crespons negros ou outros símbolos de dó.
Por outra parte, o colectivo de afectados polos accidentes no Corredor do Morrazo, segue recabando apoios a traverso de firmas que se recollen en Bueu, Moaña e Cangas, así como en diferentes redes sociais por Internet.

Ningún comentario:

Publicar un comentario