1.000 PERSOAS DARANSE CITA EN MONTEDERRAMO PARA PARTICIPAR NO “VII ENCONTRO NACIONAL LAND ROVER”

A Deputación de Ourense copatrocina este evento porque considera que iniciativas coma esta contribúen a potenciar o turismo da provincia.
Infogauda / Ourense
Ao redor de 1.000 persoas daranse cita en Montederramo os días 1 e 2 de maio para participar no “VII Encon tro Nacional do Clube Land Rover”, un evento que a Deputación de Ourense, patrocinadora do encontro, considera moi importante para potenciar e dar a coñecer as belezas que ofrece o turismo da nosa provincia.400 vehículos 4x4, 800 participantes e acompañantes e centos de afeizoados ao mundo dos todoterreo compartirán un fin de semana cheo de actividades deportivas, turísticas e gastronómicas, que converterán ao Concello de Montederramo no foco desta actividade lúdico-deportiva.O acto de presentación tivo lugar hoxe na Diputación de Ourense, no cal estiveron presentes o presidente da institución provincial, José Luis Baltar; o alcalde de Montederramo, Antonio Rodríguez; a concelleira de Turismo do Concello de Ourense, Ana Garza; o representante do Clube Land Rover en Galicia, Laureano Bermejo; e coordinador do evento, José Manuel Regueiro.José Luis Baltar referiuse á importancia promocional que para a provincia de Ourense ten a organización dun evento de ámbito nacional. “A nosa provincia sempre é loubada por todos os que nos visitan, pero tamén din dela que é a gran descoñecida. Por elo, se neste encontro nacional danse cita ao redor de 1.000 persoas, quere dicir que teremos 1.000 potenciais embaixadores que falarán de Ourense, e iso é unha boa nova para o turismo de interior que estamos a potenciar”.Pola súa banda Laureano Bermejo agradeceu o apoio que tanto a Deputación como os concellos de Montederramo e Ourense, e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra prestan aos organizadores. “Estamos convencidos de que a beleza natural de Montederramo e da Ribeira Sacra será un gran descubrimento para os visitantes, como tamén as actividades alternativas que temos programadas, como son visitas turísticas ao Ourense Termal e ao Ourense Monumental, e como non, actividades para disfrutar das excelencias gastronómicas que nos ofrece Montederramo, un dos mellores lugares de Galicia para degustar carne de alta calidade”.As probas de que consta o VII Encontro Nacional do Clube Land Rover consisten en 4 niveis de rutas TT e un circuíto 4x4. Ademais realizaranse exhibicións de conducción de 4x4, haberá unha zona de acampada con todos os servizos dispoñibles, servizo de gardería, conferencias, obradoiros, parking e un servizo de lavado de coches.O percorrido que realizarán os participantes levaraos ao longo do Macizo Central de Ourense, disfrutando da natureza, cultura e gastronomía. O programa comezará o sábado 1 de maio, con actividades que se desenvolverán de 9.00 a 23.30 horas. O domingo, 2 de maio, os percorridos e rutas comezan ás 9.00 horas e rematarán ás 17.00 horas coa despedida dos participantes. O circuíto está situado na estrada Leboreiro-Montederramo, a aproximadamente 3 kilómetros de Montederramo, na zona coñecida como A Franqueira, estando composto o percorrido por distintos pasos con diferentes niveis de dificultade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario