A DEPUTACIÓN SACA A CONCURSO A CONTRATACIÓN DE 72.283 KILOVATIOS DE ENERXÍA ELÉCTRICA DE 39 CONCELLOS E 14 EDIFICIOS PROVINCIAIS POR UN IMPORTE DE 12,1 MILLÓNS DE EUROS
A medida suporá un aforro do 20 ou 30% e será complementada coa creación dun Centro de Asesoramento Enerxético Infogauda / Pontevedra
A Deputación de Pontevedra contratará, baixo un único contrato e a un mesmo proveedor, 72.283 kilovatios de enerxía eléctrica de 39 concellos da provincia e 14 edificios da institución provincial, por un importe de 12,1 millóns de euros.
A medida _pioneira en Galicia e só desenvolvida en España pola Deputación de Valencia_ foi aprobada hoxe na xunta de goberno e permitirá un aforro ós concellos dun 20%, e dun 30% á propia institución provincial.
Os concellos que se adheriron ó proxecto da Deputación baixo a fórmula de foron os seguintes: A Lama, Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cuntis, Catoira, Cotobade, Moraña, Poio, Pontecaldelas, Vilaboa, Valga, Pontecesures (Comarca de Pontevedra-Umia), A Cañiza, Arbo, As Neves, Crecente, Mondariz, Salvaterra de Miño, Ponteareas (O Condado-Paradanta), Baiona (Val Miñor), A Illa de Arousa, Cambados, Ribadumia, Meis, Vilanova de Arousa (O Salnés), Cangas, Moaña (O Morrazo), Cerdedo, Forcarei (Tabeirós-Montes), Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Soutomaior, Mos (Vigo), Lalín, Vila de Cruces, Rodeiro (Deza), Oia, O Rosal (Baixo Miño)
A Deputación sacará a concurso o proxecto de contratación conxunta e logo, cada concello, asinará a súa factura correspondente. Na actualidade, a repercusión da factura eléctrica nos concellos da provincia ven sendo entre un 10 e un 15% do seu gasto corrente. Por exemplo, a un concello medio, cun gasto corrente de 4 millóns de euros, a factura eléctrica suponlle 400.000 euros.
A tarifa máis alta de Europa
A iniciativa da Deputación deriva de que un dos problemas que teñen hoxe os concellos é afrontar o custe das tarifas eléctricas dos servizos que prestan. Coas subidas experimentadas nos últimos anos _España tén a tarifa máis alta de Europa_, as facturas dos concellos adquiriron un volumen que está a desbordar as súas posibilidades económicas, un problema que se acentúa polos efectos da crise económica ó repercutir na aminoración dos ingresos municipais.
Un Centro para políticas de aforro enerxético
Por eso, a institución provincial, emprendeu esta medida para aunar esforzos e conseguir enerxía máis barata e, en colaboración co Inega, poñerá en marcha un Centro de Asesoramento Enerxético que preste asistencia técnica ós concellos e emprenda políticas de reducción no consumo nos concellos.
Diversos estudios sinalan que os concellos poden acadar un aforro enerxético medio estimado no 25% da enerxía consumida que, para o caso da iluminación pública, pode superar o 40%, o que supón un aforro económico, só neste apartado, entre 50.000 e 60.000 euros ó ano. A maior parte do consumo de enerxía dun concello corresponde ó consumo de enerxía eléctrica, que supón unha media do 53% do total. Este consumo eléctrico realízase sobre todo no capítulo de iluminación pública, que representa o 69% do consumo eléctrico total.
A medida _pioneira en Galicia e só desenvolvida en España pola Deputación de Valencia_ foi aprobada hoxe na xunta de goberno e permitirá un aforro ós concellos dun 20%, e dun 30% á propia institución provincial.
Os concellos que se adheriron ó proxecto da Deputación baixo a fórmula de
A Deputación sacará a concurso o proxecto de contratación conxunta e logo, cada concello, asinará a súa factura correspondente. Na actualidade, a repercusión da factura eléctrica nos concellos da provincia ven sendo entre un 10 e un 15% do seu gasto corrente. Por exemplo, a un concello medio, cun gasto corrente de 4 millóns de euros, a factura eléctrica suponlle 400.000 euros.
A tarifa máis alta de Europa
A iniciativa da Deputación deriva de que un dos problemas que teñen hoxe os concellos é afrontar o custe das tarifas eléctricas dos servizos que prestan. Coas subidas experimentadas nos últimos anos _España tén a tarifa máis alta de Europa_, as facturas dos concellos adquiriron un volumen que está a desbordar as súas posibilidades económicas, un problema que se acentúa polos efectos da crise económica ó repercutir na aminoración dos ingresos municipais.
Un Centro para políticas de aforro enerxético
Por eso, a institución provincial, emprendeu esta medida para aunar esforzos e conseguir enerxía máis barata e, en colaboración co Inega, poñerá en marcha un Centro de Asesoramento Enerxético que preste asistencia técnica ós concellos e emprenda políticas de reducción no consumo nos concellos.
Diversos estudios sinalan que os concellos poden acadar un aforro enerxético medio estimado no 25% da enerxía consumida que, para o caso da iluminación pública, pode superar o 40%, o que supón un aforro económico, só neste apartado, entre 50.000 e 60.000 euros ó ano. A maior parte do consumo de enerxía dun concello corresponde ó consumo de enerxía eléctrica, que supón unha media do 53% do total. Este consumo eléctrico realízase sobre todo no capítulo de iluminación pública, que representa o 69% do consumo eléctrico total.
Ningún comentario:
Publicar un comentario