BALTAR REITERA O SEU APOIO AO COB E A JORGE BERMELLO
Infogauda / Ourense
O Presidente da Deputación, José Luis Baltar, reiterou esta mañá o seu apoio expreso á xestión social e deportiva de Jorge Bermello ao fronte do Clube Ourense Baloncesto e ao propio clube para afrontar os retos de futuro.
Eso si, o máximo responsable da Deputación lembrou que o clube é dos ourensans por ser Concello e Deputaciónos seus máximos accionistas e esixou que o concello se implique nas mesmas condición ca nós. Non pode ser solo a costa da Deputación, dado que actualmente o concello subvenciona ao clube en menor medida que a institución provincial.

Baltar Pumar amosouse partidario de ter unha reunión a tres bandas, entre a Deputación, o concello e o presidente do clube e sinalou ao respecto que únicamente agardo a que me convoquen, onde sexa, e alí estarei.
Sobre a posibilidade de que Jorge Bemello poida abandoalo clube se non atopa o apoio das institucións necesario para garantila súa viabilidade, Baltar indicou que se eso se produce xeneraríanos un problema gravísimo e fixo unha loubanza do seu labor ao fronte do clube, con especial mención ao éxito no eido social e depois tivemos entradas como se estivesemos en ACB. Por eso, reiterou unha vez máis a necesidade de que o concello se implique en maior medida no futuro do clube.
Ningún comentario:
Publicar un comentario