ARTE E SOLIDARIDADE: OS ARTISTAS GALEGOS A FAVOR DE PROXECTO HOME

Infogauda / Ourense
“Arte e solidaridade” é unha mostra na que participan máis dun cento de artistas galegos e coa que Proxecto Home celebra o seu XX aniversario en Galicia.
A exposición, inaugurada no Centro Cultural da Deputación polo presidente da institución provincial, José Luis Baltar, e polo director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo, ten un fin claramente solidario, pois os artistas donan a práctica totalidade do valor das súas obras para esta ONG que ven traballando na loita contra as adicións.Gómez Crespo salientou o esforzo que veñen desenvolvendo nestes vinte anos de historia, mentres que Baltar Pumar felicitouno polo magnífico traballo realizado, ao tempo que fixo referencia á xenerosidade dos artistas.A mostra poderá visitarse ate o día 25 de abril. Nela participan artistas ourensáns como Quessada, Vidal Souto, Buciños, Acisclo, Xosé Cid, Alexandro, Manolo Vidal, Baldomero Moreiras, etc.Nesta mostra colabora o Centro Cultural da Deputación de Ourense. Posteriormente itinerará por diferentes cidades de Galicia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario