12 de abr. de 2010

A GUARDA

ATRACAN A SUCURSAL DE CAIXANOVA E DEIXAN ATADOS AS TRES EMPREGADOS


- O botín supera os 120.000 euros


Infogauda / A Guarda
Na mañá deste luns día 12 de abril de 2010, uns descoñecidos perpetraron á primeira hora da mañá un atraco na sucursal de Caixanova, situada na rúa Concepción Arenal de A Guarda. Os intrusos accederon o interior da sucursal mediante un butrón efectuado na parte posterior do local, ameazaron con un coitelo a un empregado e deixaron atados os tres empregados que neses intres estaban na oficina, segundo informaron fontes consultadas por Infogauda. O atraco produciuse ás oito da mañá, e posteriormente a Policía Local foi alertada por Urxencias 112. Os axentes chegaron ao lugar ás 8:30 horas e atopáronse co director da sucursal e dous empregados ''atados con bridas''. Dáse a circunstancia de que a Policía tivo que acceder ao interior da sucursal bancaria a traverso dunha fiestra que tiveron que romper. Posteriormente, os axentes da Policía Local desataron aos empregados, un deles, segundo o Cabo da Policía Local, ''recibiu un forte golpe'', polo que tiveron que darlle dous puntos de sutura no Centro de Saúde de A Guarda e unha empregada presentaba unha crise de ansiedade.
Compre salientar que os delincuentes agardaron a que chegase o director da sucursal e dous empregados para perpetrar o atraco. Descoñécese con certeza a cantidade de diñeiro que se levaron os ladróns, ainda que diversas fontes sinalan que o botin supera os 120.000 euros. Os dous individuos que perpetraron o atraco sairon polo mesmo buraco por onde habían entrado, e fuxiron o parecer n´un vehículo de coor branco, onde lles agardaba outro compinche.
A investigación está a cárrego da Policía Xudicial.
Compre salientar que en contra do que algunhas autoridades acostuman a afirmar, desde fai uns anos estáse notando no Baixo Miño un incremento dos delictos contra á propiedade, que na maioría dos casos non teñen a repercusión mediática deste atraco, nin tampouco se denuncian todos, pero que sí están confirmando a necesidade de que esas mesmas autoridades se decidan a insta-lo incremento de dotación de Forzas de Seguridade do Estado, así como os correspondentes medios para que os axentes desenvolvan do xeito máis eficaz e profisional, súa labor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario