6 de abr. de 2010

OIA

Rafael Louzán reúnese coa Xunta local de Oia para coñecer de preto o seu funcionamento e as súas necesidades
Dentro da ronda de contactos que a dirección provincial vén celebrando, desde inicios de ano, coas distintas agrupacións locais
Dentro da ronda de contactos que a dirección provincial vén celebrando, desde inicios de ano, coas distintas agrupacións locais

Partido Popular / Oia

Coñecer de preto o funcionamento e as necesidades das distintas agrupacións locais do PP na provincia, escoitar as súas suxestións e demandas e intercambiar opinións sobre o día a día do partido é o obxecto das xuntanzas que a dirección provincial do PP en Pontevedra vén mantendo desde inicios de ano cos membros desta formación política en todos e cada un dos concellos da provincia.
Nesta ocasión, serán os populares de Oia os que reciban a visita do presidente provincial do PP en Pontevedra, Rafael Louzán; da secretaria xeral desta formación, Begoña Estévez; e do secretario de Organización, José Juan Durán, nun encontro que terá lugar ás 21,30 horas no restaurante Roca Brava.
O contacto permanente coas bases do partido e cos representantes locais debe ser sempre, segundo o presidente provincial, “un dos principios básicos para manter a viveza e a unidade que caracteriza ao PP e que sería imposible sen a fortaleza que lle dá a súa estrutura municipal”.
Para a dirección provincial, as agrupacións locais desempeñan un “papel primordial” tanto na difusión das ideas e principios dos populares como, sobre todo, achegando ao partido as demandas dos habitantes de cada municipio e actuando como verdadeiros executores do proxecto político do PP.
Na xuntanza deste mércores coa Xunta Local de Oia, que preside Alejandro Rodríguez, o presidente provincial e os demais membros da dirección provincial terán ocasión de escoitar as inquedanzas dos populares nesta localidade, onde o PP adoita acadar uns resultados moi satisfactorios.
De feito, nas últimas catro citas electorais, máis da metade dos votantes de Oia deron o seu apoio ao PP, que pasou do 50% das municipais de 2007, ao 56% e o 58% nas autonómicas e europeas de 2009, respectivamente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario