9 de mar. de 2010

OURENSE

CONSIGA UN LECTOR DE DNI ELECTRÓNICO


O Centro Cultural da Deputación provincial de Ourense, en colaboración co ministerio de Industria e o Plan Avanza2, realizarán dúas sesións de formación sobre o uso e vantaxes do DNI electrónico, que terán lugar os vindeiros días 18 e 22 de marzo, ás 11:00 horas.
Os inscritos en cada unha destas sesións recibirán gratuitamente un lector de DNI electrónico e ampla información sobre os usos telemáticos desta nova ferramenta.De feito, co DNI electrónico pódense realizar numerosos trámites e xestións dende o fogar ou a oficina, dunha maneira rápida e segura. Así, pódese obter un certificado de vida laboral, realizar a declaración da renda, trámites para concursos e oposicións, transaccións bancarias, xestión de subvencións para empresas, obtención de partidas de nacemento, sinatura de documentos ou solicitude de becas, entre outros asuntos.
O DNI electrónico é a ferramenta clave da administración electrónica.
Para participar nestas sesións é que son gratuitas- deben rexistrarse na páxina web www.usatudni.es e acudir ó apartado de formación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario