A DEPUTACIÓN APROBA ACHEGAS POR IMPORTE DE 260.000 EUROS PARA ACTIVIDADES EDUCATIVAS E CULTURAIS E PARA MELLORAS TECNOLÓXICAS
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe achegas e subvencións por importe de 260.000 euros para o desenvolvemento de actividades educativas e culturais, así como para a realización de melloras tecnolóxicas.
Infogauda / Ourense
Infogauda / Ourense
En concreto, no que atinxe ao ámbito cultural aprobouse unha achega de 90.000 euros para o Consorcio do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, correspondente a aportación anual da Diputación. Asemade aprobouse unha subvención de 8.000 euros para gastos de funcionamento do Orfeón Unión Orensana, e 6.000 euros para a celebración da XXV Edición do Premio Antón Losada Diéguez.No que respecta á educación vial, a Deputación de Ourense destinará 9.000 euros ao Concello de Ourense para o desenvolvemento do Programa de Educación Viaria correspondente ao curso 2009-2010, e para os gastos de funcionamento da televisión dixital terrestre en varias poboacións do concello de A Gudiña a Deputación achegará a cantidade de 15.000 euros. Finalmente, a Deputación destinará unha achega financeira por importe total de 130.587 euros para o Padroado de Turismo, aportación prevista nos orzamentos de 2010.
Ningún comentario:
Publicar un comentario