10 de mar. de 2010

A GUARDA

ÚLTIMAS PRAZAS DO CURSO PARA DEIXAR DE FUMAR



A Asociación Érguete Baixo Miño de Prevención das Drogodependencias, Educación e Promoción da Saúde comezará proximamente un curso de “DESHABITUACIÓN TABÁQUICA” dirixido a todas aquelas persoas que desexen deixar de fumar.

Impartirase na sede desta entidade sita na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda durante sete sesións sumando un total de doce horas. Este curso estará dirixido por unha psicóloga da Asociación Española contra o Cancro e por unha médico.

Trátase dunha actividade gratuita e que pretende, a través de terapia individual e grupal, axudar a todas as persoas que desexen romper co tabaco.

Para máis información contactar con:

ERGUETE BAIXO MIÑO
R/Colón, 20 (Edif. O Pescador)
A Guarda. Tel/Fax 986 614407
E-mail:
info@erguete.org
Web:
www.erguete.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario