A Xunta propón a designación da Guarda como destino turístico de excelencia para o proxecto Eden da Comisión Europea
Fotografía do esteiro do Miño no concello da Guarda
Infogauda / Galicia
A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaria Xeral para o Turismo, presenta para o proxecto EDEN –Destinos Europeos de Excelencia- a desembocadura do Miño no concello da Guarda baixo o título ‘A Guarda horizonte natural’ como destino de turismo acuático e sostible.
EDEN é un proxecto que fomenta modelos de desenvolvemento do turismo sostible na Unión Europea e basease en concursos nacionais que cada ano elixen un destino de excelencia por cada país participante. Esta coidadosa selección de destinos permite atraer eficazmente a atención cara os valores, a diversidade e as características comúns dos destinos turísticos europeos.

· Fotografía da foz do Miño no concello da Guarda
O proxecto EDEN tamén contribúe a reforzar a visibilidade dos destinos europeos novos e emerxentes, fomenta a creación de redes de contacto entre os destinos premiados e inspirou a creación dunha plataforma para compartir as mellores prácticas de Europa.
Juárez asinou con 9 concellos de Pontevedra os convenios do Peim Rural 2009-2010 por preto de setecentos mil euros
Estes acordos contribúen a arranxar as deficiencias persistentes nalgunhas zonas rurais de Galicia e mellorar, deste xeito, a calidade de vida da poboación.
A Guarda contará con un orzamento de 63.527,93 euros para investimentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario