13 de feb. de 2010

OURENSE

A DEPUTACIÓN AMPLÍA A SÚA COLABORACIÓN CO INSTITUTO DE ESTUDIOS VALDEORRESES



A deputación provincial de Ourense ampliará a súa liña de cooperación co Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV), co gallo de afondar en diferentes iniciativas de carácter cultural nesta comarca da nosa provincia.
Infogauda / Ourense
Deste xeito, próximamente, a Deputación publi cará o libro “Valdeorras pueblo a pueblo”, do que é autor o investigador Antonio Castro Voces, ademáis de axudar económicamente na realización da XIII Semana da Historia, que se celebrará do 22 ao 26 de febreiro e abordará o papel de Valedoras no Camiño de Santiago.A medio prazo plantéxase a realización dunha exposición sobre documentos mercantís de industrias e comercios de Valdeorras dos séculos XIX e XX, xunto coa redacción dun convenio estable de colaboración entre a Deputación e mailo IEV, que terá como obxectivo promocionar aos artistas valdeorreses, organizar exposicións e acometer novas publicacións.Os responsables do IEV chegaron a este acordo nun encontro celebrado hoxe co Presidente da Deputación, José Luis Baltar, e no que participou o vicepresidente segundo da institución, Moisés Blanco, natural desta comarca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario