18 de feb. de 2010

OURENSE

OS “CONCERTOS DIDÁCTICOS DE CELANOVA” ACHEGAN A MÚSICA DE ÓRGANO A ESCOLARES DE TODA GALICIA




A Deputación de Ourense acolleu hoxe o acto de presentación do programa de “Concertos Didácticos de Órgano”, dirixidos a alumnos de colexios e institutos, así como dos conservatorios de música de toda Galicia, que terán lugar en Celanova nos vindeiros meses de marzo, abril e maio. No acto de presentación interviñeron o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Xunta de Galicia, Francisco López Rodríguez; o alcalde de Celano va, Antonio Mouriño, e Marisol Mendive, profesora do Conservatorio de Música de Ourense.

Infogauda / Ourense
Esta iniciativa, pioneira en España, na que participa a Deputación de Ourense, a Consellería de Cultura e o Concello de Celanova, tenta achegar a nenos e xóvenes a riqueza musical que ao longo dos séculos representou a música de órgano, así como o patrimonio cultural, histórico e etnográfico de Celanova, unha das vilas máis fermosas de Galicia e de gran relevancia no eido cultural galego.Os Concertos Didácticos de Órgano serán impartidos pola profesora Marisol Mendive e desenvolveranse no coro alto da igrexa de San Rosendo de Celanova. Os participantes -alumnos de 3º ciclo de Primaria; 2º, 3º e 4 da ESO; 1º e 2º de bacharelato e dos conservatorios de música- poderán interpretar cos seus instrumentos (frautas) de forma conxunta 3 pezas musicais na compaña do órgano. Estas pezas serán ensaiadas previamente nos seus centros escolares cos seus profesores de música para que os alumnos prepararen o concerto nas aulas para posteriormente interpretar a peza acompañados polo órgano. O número máximo de alumnos participantes por grupo será de 50, mentres os restantes realizarán unha visita guiada polo recinto do mosteiro: igrexa, claustro e capela de San Miguel.A profesora Marisol Mendive dixo que a relevancia deste proxecto “único en España”, debe ter continuidade no tempo “porque se trata dunha novidosa maneira de achegar a cultura musical aos máis novos”. Neste senso se pronunciou igualmente o director xeral de Promoción da Cultura afirmando que esta “anovadora iniciativa fai que os nenos poidan sentir a música coa pegada do pasado, nunha vila tan fermosa como Celanova”. O programa planifícase para ofertar en total 30 concertos: 10 xornadas con tres clases-concerto pola mañá, en horario de 11,00 a 14,00 horas, durante os meses de marzo, abril e maio. No caso de que os centros escolares organicen o programa para máis dun día, haberá a posibilidade de facer noite no albergue municipal de Celanova. O primeiro dos concertos terá lugar o día 11 de marzo.Ademais de afondar no coñecemento do órgano e da cultura musical, os visitantes terán a oportunidade de coñecer os principais referentes históricos e monumentais de Celanova participando na visita guiada “Celanova, un paseo pola historia de Galicia”, facendo un percorrido pola cultura castrexa e o rexurdimento da literatura galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario