ATE O DÍA 1 DE MARZO, PRAZO PARA PRESENTAR CANDIDATURAS Ó PREMIO “CARRACEDO” DE XORNALISMO

Ate o día 1 de marzo existe de prazo oficial para remitir traballos para concursar nunha nova edición do premio de xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo”, que anualmente convoca a Deputación de Ourense.
Infogauda / Ourense
Infogauda / Ourense
Os traballos –prensa, audiovisuais ou fotog rafía- serán de temática libre e deberán estar publicados entre os días 1 de xaneiro e 31 de decembro do ano 2009.O premio Xosé Aurelio Carracedo ten unha dotación económica de 8.000 euros, dos que 5.000 son para o primeiro premio e 3.000 para o segundo. As propostas deben ir acompañadas de seis copias dos traballos publicados e remitiranse á Deputación de Ourense –Rúa Progreso,32 – baixo o epígrafe de Premio de xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo”.Este certame xornalístico foi instituido pola Deputación en memoria do xornalista ourensán que lle da nome, lamentablemente falecido nun accidente de tráfico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario