24 de feb. de 2010

A GUARDA

ESQUERDA UNIDA SOLICITA A LIBRE ABSOLUCIÓN DE DOUS XÓVENES CONDEADOS POR AMOSAR BANDEIRAS REPUBLICANAS E MANIFESTÁRENSE A FAVOR DA REPÚBLICA


O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O día 16/05/2006, durante a visita dos príncipes a Móstoles dous xóvenes, Naiara e Eduardo militantes de IU e PC, foron golpeados e detidos polas forzas de “orden público”, seu delito foi pór ao ar as bandeiras republicanas e manifestarse a favor da República.
Case catro anos despois dos feitos o procedemento penal contra os camaradas colle outro rumbo xa que a acusación que fai a Fiscalia é solicitar 2.500 € de fianza a cada camarada e pretende condenalos a cárcere.
As persoas que apoian a Naiara e Eduardo, e que día a día fán cousinhas para conquistar a 3ª República, estamos a favor da iniciativa SOCIAL SOLIDARIA para facer visible este proceso aberrante. Dende Esquerda Unida do Baixo Minho decimos que non estades solos.
Defender a 3º República é un dereito, son aspiracións democráticas lícitas e dignas de protección de acordo cos tratados internacionais dos dereitos humanos.
O cumprimento do dereito a liberdade de expresión, opinión é obrigación por parte das institucións públicas.
Os pobos de Espanha tenhen o dereito de elixir a forma democrática, a súa forma de estado e goberno.
Mostrar públicamente a bandeira tricolor é un dereito democrático de toda a cidadanía, é necesario defender o dereito a ter memoria histórica é reconhecemento dos que deron súa vida en defensa da democracia e liberdade do pobo Espanhol.
DENDE ESQUERDA UNIDA SOLICITAMOS:
A libre absolución dos camaradas detidos por ondear cas bandeiras republicanas.
Acraración do trato recibido polas forzas de orden público.
Que o Concello faga a mesma petición e dea traslado ao Ministro de Interior.

Ningún comentario:

Publicar un comentario