MAÑÁ PRINCIPIA O IV CONGRESO DE PATRIMONIO ETNOGRÁFICO GALEGO

O xoves, ás 18:00 horas, terá lugar salón de graos do edificio de ferro do Campus de Ourense a inauguración oficial do IV Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego, promovido pola Deputación provincial de Ourense a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, xunto coa Universidad de Vigo.
Infogauda / Ourense
Infogauda / Ourense
Este congreso, que goza xa dun notable grao de consolidación entre os estudosos, adícase este ano aos diferentes camiños de Santiago e aborda distintas miradas, diferentes perspectivas e experiencias.A primeira das conferencias versará sobre as miradas antropolóxicas aos camiños de Santiago, cunha charla-coloquio na que participarán Eva Mouriño López (IES de Carril), Manuel Vilar Alvarez (Asociación Galega de Antropoloxía) e Fátima Braña Rey (Universidade de Vigo).O congreso alongarase o sábado, domingo e luns, días nos que se falará dos camiños do sur, o camiño real ou as mulleres no camiño. Os participantes tamén realizarán varios tramos do camiño.O obxectivo deste congreso promovido pola Deputación é fomentar no profesorado e educadores o afán polo coñecemento da cultura propia, coñecer as boas prácticas en materia de patrimonio para transmitilas ao alumnado, fomentalo respecto polo noso patrimonio e motivar a recuperación da cultura popular galega, entre outros aspectos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario