XÓVENES DE A GUARDA ACUDEN A PISTA DE SKATE DE TOMIÑO
- Como resposta ás súas demandas de contar con unha semellante na vila guardesa, o rexidor municipal díxolles que presenten "un proxecto e logo xa veremos o que podemos facer"

Infogauda / A Guarda
Varios mozos e adolescentes de A Guarda reinvindican a dotación dunha pista de skate no termo municipal guardés, xa que a día de hoxe como non dispoñen dunhas instalacións que lles permitan á práctica desa actividade deportiva, vénse na necesidade de desprazárense o concello de Tomiño.
"Estivemos co alcalde de A Guarda, e díxonos que presentáramos un proxecto e que logo xa verían o que podían facer", dixo a Infogauda un dos rapaces que acuden o Campo da Feira, en Tomiño, onde a Xunta de Galicia, a traverso da Secretaría Xeral para o Deporte, achegou unha subvención de 46.395,00 euros, correspondente o 80% do total do investimento, que completará o concello tomiñés.
Compre salientar que a xuventude guardesa que practica skate síntese molesta por non poder contar con unhas instalacións axeitadas na vila do Trega.
Desde este xornal dixital apoiamos ás reivindicacións dos mozos guardeses pois consideramos que son xustas. Ademáis, non consideramos de recibo que a máxima autoridade municipal tente gañar tempo fuxindo deica ningures, decíndolles os rapaces que presenten un proxecto e logo xa veremos o que podemos facer. ¿É que non pode redactar o proxecto o aparellador municipal? ¿Ou é que pretenden "venderlles" electoralmente á pista de skate os mozos guardeses como anteriormente fixeron coa rede wifi?
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
Para nada tiene que redactarlo el concello tienen que redactarlo los chavales porque si no despues pasa lo que pasa y salen pistas de "skate" como tantas que hay por ahí entre ellas esta de Tomiño de la cual aun no viera fotos, con 46.395 € como ponéis se pueden hacer cosas mucho mejores, el conformismo que se ve con cosas como esta, hace que tengamos lo que tenemos en Galicia.
Anónimo dixo:
han leido ke van a denunciar a los grafiteros poniendo 1 denuncia en La Guardia Civil pero esto ke es si no kieren ke agamos graffitis ke pongan 1 pista y ahi podremos hacer algo luego los chavlaes todos los finde semana estamos borrachos x ahi pues si no les gusta k piensen en nosotros 1 poco xk el grafiti no es bandalismo es arte
Ningún comentario:
Publicar un comentario