10 de feb. de 2010

A GUARDA

CURSOS GRATUITOS
XESTIÓN E CONTABILIDADE DE EMPRESAS PESQUEIRAS
Actividade realizada cunha axuda económica da Consellería do Mar




Miguel Alonso / A Guarda

OR.PA.GU e INFORMATICA SAN BENITO poñen en marcha o proxecto FORMAPESCA ó amparo da Consellería de Pesca.
A finalidade do proxecto FORMAPESCA (“Formación integral para empresas pesqueiras”), e dotar os alumnos/as dos coñecementos necesarios para desenvolvemento do seu traballo, dende
dúas grandes áreas.
· Area de Xestión
· Area de Novas Tecnoloxías.

Área de Xestión:
O sector marítimo - pesqueiro en Galicia ten unha enorme importancia social, económica e cultural. No obstante, nel se dan unha serie de problemáticas de carácter estrutural que o fan vulnerable. A situación da comercialización dos produtos pesqueiros e a xestión das PEMES agravan os problemas e poden desestruturar o sector prexudicando aos seus profesionais e á súa viabilidade futura.
A PEME xoga un papel relevante no desenvolvemento da economía e na integración no mercado de traballo. Ademais, o seu seno é lugar de transmisión de coñecementos entre xeracións.
Especialmente nun contexto como o actual, onde as grandes corporacións se expanden con grande rapidez, nun entorno cada día máis cambiante e competitivo, é importante dominar os instrumentos
necesarios para a súa dirección e xestión co obxectivo de facer fronte o actual panorama.
Pola súa escala reducida, na PEME é moitas veces o empresario o que realiza as actividades máis importantes, xa sexa no territorio financeiro, o contable, o xurídico, ou de produción e hasta no de recursos humanos. É por isto que o empresario debe ter uns coñecementos amplos e multifacéticos para solucionar os problemas que aparezan, sexa da índole que sexan. Estes estudios son, en definitiva, unha visión ampla e pluridisciplinar do mundo da empresa, na que os traballadores/as adquirirán unha visión integral, pero non por elo menos detallada, de todas as áreas da empresa para que súas empresas poidan alcanzar as súas metas e obxectivos, noutras palabras,
para o logro do éxito que esperan.
A xestión dunha empresa no é nada fácil e implica a toma de decisións, desde a formalización como empresas unipersoais ou societarias (especialmente polos compromisos que poidan asumir ante as oficinas recadadoras de impostos), hasta a mesma xestión do seu negocio, debido a que a mesma conta cunha estrutura adecuada e cos recursos necesarios (materiais, humanos e tecnolóxicos). Sen embargo, o cumprimento das metas e obxectivos se deben conseguir, aínda que hai que recordar que sempre se presentan continxencias favorables o adversas de orden interno e externo. A xestión empresarial xoga un rol moi importante, pois súa eficiencia, produto da dirección, habilidades e estratexias que se utilicen, dependerá da obtención de bos resultados.
Analizando este panorama actual a Organización de Palangreros Guardeses propón e para acabar coas necesidades formativas detectadas no sector marítimo -pesqueiro a realización das seguintes accións formativas:
Xestión de empresas pesqueiras.
Contabilidade de empresas pesqueiras.
Xestión laboral de empresas pesqueiras.
Xestión fiscal de empresas pesqueiras.

Área de Novas tecnologías:
As novas tecnoloxías convértense nunha ferramenta insustituible e de indiscutible valor que non so afecta á efectividade no manexo das informacións, senón que tamén son requiridas nos procesos de traballo para o correcto funcionamento do mesmo. Ademais da súa utilización para facilitar o acceso á información, permite un aforro de tempo e unha mellor planificación e organización do traballo diario, polo tanto é necesario que os profesionais do sector marítimo - pesqueiro sexan conscientes dos beneficios que lles pode reportar a utilización e a adaptación ás Novas Tecnoloxías, e é fundamental que o persoal aprenda a empregar axeitadamente aos diferentes recursos tecnolóxicos que se encontran hoxe en día o servizo dos traballadores/as para poder desenvolver mellor o seu traballo.
Por todos estes motivos, é patente a necesidade de actualización e adopción de novas
competencias profesionais relacionadas coas novas tecnoloxías da información e da comunicación en todos os sectores produtivos en xeral, e particularmente pola súa especial vinculación coas TIC´s no sector marítimo - pesqueiro.
Deste xeito, desde ORPAGU, propoñemos a execución das seguintes accións formativas relacionadas coa área das Novas Tecnoloxías:
Manexo é uso eficaz da mensaxeira electrónica dun barco.
Navegadores e simuladores de pesca.
D.E.A (Diario electrónico de a bordo).

Ningún comentario:

Publicar un comentario