5 de xan. de 2010

A GUARDA

O CONCELLEIRO CELSO R. FARIÑAS, PORTAVOZ DE TERRA GALEGA - INICIATIVA VECIÑAL, VÉN DE PRESENTAR DÚAS NOVAS PROPOSTAS NO CONCELLO DE A GUARDA

- O deterioro do pavimento na Praza de Ignacio Sobrino e rúa Calvario, así como a necesidade de levar a cabo a labor de desrratización dos sumidoiros na Rúa do Porto, foron os asuntos plantexados no día de hoxe, por Celso R. Fariñas



Infogauda / A Guarda

ESCRITOS PRESENTADOS NO REXISTRO MUNICIPAL O DIA 05.01.2010, por Celso R. Fariñas, Portavoz Municipal de Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL


Rexistro de Entrada nº 38:


Xa en distintas Comisións Informativas de Urbanismo, así como tamén en Rogos e Preguntas de Plenos Ordinarios, levamos a debate a situación de destrozo que está sucedendo nas rúas Ignacio Sobrino e Calvario, polo tránsito de camións de gran tonelaxe. Hoxe en día, o problema váise agravando, pois cada vez é máis o número de pedra rota e/ou afundida, o que entre outros problemas, está pondo en perigo a integridade física dos veciños que por alí transitan.


Rexistro de Entrada nº 39:


Nestes días de mal tempo e con moita chuvia, os veciños e propietarios de negocios na Rúa do Porto, veñen sufrindo unha invasión de ratas de gran tamaño, que están creando situacións de alarma nestes fogares e locais comerciais. Por todo elo, solicitamos do Concello que por sí mesmo ou por quen corresponda, se impartan as ordes oportunas para que se proceda de xeito inmediato a desrratizar os alcantarillados desa zona.

Ningún comentario:

Publicar un comentario