27 de xan. de 2010

GALICIA

Roberto Varela reclama en Madrid “valentía e decisión” ao Goberno central na defensa do Xacobeo 2010


· O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, esta mañá en Madrid na inauguración da exposición de Maruja Mallo

Infogauda / Galicia
O conselleiro de Cultura e Turismo transmitiulle á ministra de Cultura a necesidade dunha maior implicación da Presidencia Española da Unión Europea coa celebración do Ano Santo.
O titular de Cultura participou hoxe na inauguración dunha exposición retrospectiva sobre Maruja Mallo na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
Ler máis.

A Xunta está a deseñar un Plan estratéxico de acción para impulsar a implantación e a difusión do software libre na Comunidade
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica aposta por coordinar e incrementar a eficacia das medidas de fomento do software libre, fundamental para reducir a fenda dixital e garantir un uso máis eficiente dos recursos públicos.
A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia xestiona e coordina o proxecto, co apoio dunha oficina técnica a contratar por concurso público.
O Inega promove a realización de cursos de condución eficiente de vehículos, a través dun convenio con Faimevi, Faepac e Fundación Sotavento Galicia por 150.000 euros

· O director do Inega (o segundo pola dereita), na sinatura do acordo
O Instituto Enerxético de Galicia fomentará técnicas de condución de turismos que permitan diminuír o consumo medio de combustible ata un 15% e incrementar os índices de seguridade.
Ler máis.

O director xeral de Sostibilidade explica que a fase de audiencia que inicia agora o Plan do Litoral é imprescindible para definir con cada concello a ordenación da súa costa
Co Plan daranse as pautas para que nos instrumentos de ordenación municipal se protexan zonas específicas que se considera que é necesario preservar, potenciar ou revalorizar.
Inclúe un estudo de integración paisaxística, un traballo que non se pode entender como unha simple operación de maquillaxe, senón que Galicia contará por primeira vez cun documento que permite ver o litoral desde outras ópticas, primando o valor paisaxístico.
A Consellería do Mar facilita o labor dos GAC con formación sobre a normativa comunitaria de publicidade e comunicación
· Representantes da Consellería do Mar, durante o curso de formación dos grupos de acción costeira
Representantes da Consellería impartiron a primeira rolda de xornadas formativas que comezou o 13 e finalizou hoxe.
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, clausurou esta rolda de xornadas e aunciou outra para febreiro.
A xornada de hoxe garante que todos os GAC saiban aplicar a normativa vixente en materia de publicidade que impoñen os regulamentos europeos.
Os técnicos dos GAC tamén recibiron formación en materia de comunicación sobre o uso da identidade corporativa dos Grupos de Acción Costeira deseñada pola Consellería do Mar.
No ano 2010 comeza unha nova convocatoria para a que xa se están a presentar proxectos desenvolvemento local.
Ler máis.

A Xunta colabora nun proxecto tecnolóxico para facilitar a implicación das persoas con diversidade funcional no Camiño de Santiago

· A secretaria xeral de Modernización, a secretaria xeral de Familia e Benestar e o director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, esta mañá no acto
Foto: Xoán Crespo
"O Camiño dos Satélites" busca facer accesible a ruta xacobea aos discapacitados mediante apoios tecnolóxicos e sociais.
Vinte persoas con diversidade funcional, co músico Serafín Zubiri á fronte, percorrerán o camiño francés durante o próximo mes de outubro.
O seguimento dos peregrinos mediante GPS e GPRS, a elaboración de informes de accesibilidade ou as audio-guías para persoas con diversidade funcional, entre as actividades programadas “Este camiño supón un exemplo claro das enormes posibilidades de integración da tecnoloxía e as persoas”, apunta Mar Pereira, secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.
A Xunta liderará esforzos para que Galicia sexa un referente na industria española do deporte
O secretario xeral para o Deporte asistiu hoxe en Madrid a presentación da plataforma tecnolóxica do deporte Inesport.
O Goberno galego coordinará un grupo de traballo integrado polos diferentes estamentos do sector.
A nosa Comunidade xoga un papel clave na industrial deportiva española, que crea máis de 110.000 postos de traballo e xera 9.000 millóns de euros.
Coa posta en marcha dun ciclo de Seminarios para Emprendedores a Fundación Galicia Emigración aposta pola creación e consolidación de empresas, mellorando a empregabilidade do colectivo
A FGE forma a inmigrantes e retornados na creación de empresas.
O primeiro dos seminarios de Motivación Emprendedora dará comezo o 3 de febreiro en Lugo.
Nel analizarase como levar a cabo a transformación dunha idea en proxecto empresarial e ofertaranse os recursos dispoñibles para acadar o éxito na empresaO ciclo de seminarios organízase en colaboración co BIC Galicia, coa fin de crear emprego pola vía da creación e o mantemento sostido de novas empresas.
Os centros educativos poderán solicitar as axudas de Política Lingüística para fomentar o uso do galego ata o vindeiro luns
O departamento que dirixe Anxo Lorenzo convocou o pasado 11 de xaneiro estas axudas para a realización de proxectos que promovan a lingua galega nos centros de ensino non universitario de Galicia, que ascenden a 878.000 euros.
Outra das convocatorias que a secretaría xeral ten en marcha para a comunidade escolar é o Concurso-Exposición Letras Galegas 2010 sobre a figura de Uxío Novoneyra, para o que se poden presentar os traballos ata o día 8 de febreiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario