28 de xan. de 2010

GALICIA

O presidente da Xunta visitou o Centro Galego de Lisboa, no primeiro acto da súa viaxe á capital de Portugal


Infogauda / Galicia
Feijóo subliña a importancia do Camiño portugués para convidar aos cidadáns lusos a “defender, promover e vivir” o Ano Santo Xacobeo.
Reivindica o vínculo histórico, económico e cultural entre Galicia e Portugal, e propón “debuxar xuntos o mapa do futuro”.
Salienta, ante a colectividade galega en Portugal, que baixo o seu amparo, “a Galicia universal que traspasa fronteiras acode ao encontro dos irmáns portugueses para invitalos a seguir traballando xuntos”.

Feijóo destaca o potenciamento dos vínculos con Portugal, a promoción do Xacobeo e a mellora das infraestruturas comúns como obxectivos fundamentais da súa viaxe a Lisboa
"Temos que aproveitar a presenza e a Presidencia de España na Unión Europea para falar do que nos une a Portugal e a Galicia; para falar da Eurorrexión, dos fondos Interreg, dos fondos transfronteirizos”, sinalou.
Resalta que “Portugal é o primeiro país en número de visitantes a Galicia” sendo “o Xacobeo unha oportunidade para incrementar o turismo portugués” na comunidade.

Sinala a prolongación da A-52; a posibilidade de conectar co Rosal, a través da Ponte da Amizade, a estrada costeira que vai de Vilanova da Cerveira ata Porto; e o estado actual do AVE Vigo-Porto, como as principais infraestruturas a tratar.

Ler máis.

Feijóo cualifica de “inadmisible” o ataque á residencia do catedrático Blanco Valdés e asegura que se trata dunha agresión “á liberdade”

· O presidente da Xunta, na rolda de prensa tras o Consello da Xunta
Foto: Xoán Crespo
Trasládalle ao profesor todo o respecto e admiración do Goberno galego: “paréceme que calquera profesor que se expresa en liberdade debe ter o noso apoio”Reitera que Galicia “é libre e bilingüe”, e que o galego é un pobo que fala no idoma que considera oportuno e quere a liberdade para facelo.
Roberto Varela destaca a importancia do filme ‘La Sinapsis del Códice’ na promoción do Camiño de Santiago
· Roberto Varela e Alfonso Cabaleiro na estrea
Foto: Conchi Paz

O conselleiro de Cultura e Turismo asistiu a estrea do documental ‘La Sinapsis del Códice’, do director Pablo Iglesias, incluído na programación do Xacobeo 2010 Camiño do Audiovisual.
Ler máis.

O director xeral do Patrimonio asegura que o Pazo de Meirás abrirase ao público salvagardando todas as cuestións de seguridade
Jose Manuel Rey Pichel manifestou a necesidade dunha inminente apertura do pazo de Meirás “polo que significa o pazo e a familia Franco”.
O director xeral do Patrimonio argumentou que “os resultados das conversacións cos titulares están sendo positivos” e que “non existe oposición, senón prudencia lexítima” para abrir o pazo ao público “catro días ao mes cun procedemento determinado”.
Asemade, o director xeral expuxo o “talento, o traballo e un bo proxecto” como factores determinantes para a viabilidade da conservación das murallas do Parrote co aparcadoiro subterráneo.
A EGAP supera os cincocentos inscritos nunha xornada sobre a protección da legalidade urbanística
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o director da EGAP, Pablo Figueroa, inaugurarán a xornada.
Abordaranse, entre outros, asuntos como os mecanismos de control preventivo, a investigación de ilícitos urbanísticos ou as infraccións urbanísticas e as súas sancións.
Roberto Varela participa na inauguración da primeira oficina de promoción do turismo do Porto e o Norte de Portugal en Galicia
· Roberto Varela e a secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, na inauguración
Foto: Conchi Paz

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela e o secretario de Estado de Turismo de Portugal, Bernardo Trindade, inauguraron hoxe a primeira oficina de Turismo de Porto e Norte de Portugal en Santiago. A súa sede está na rúa do Vilar 30/32.
Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe, 28 de xaneiro, en San Caetano
· O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu a reunión semanal do Consello
Foto: Xoán Crespo

Premendo na seguinte ligazón poderá ter acceso á referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe en San Caetano e ao audio da posterior rolda de prensa do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Documento relacionado:
· Referencia do Consello da Xunta (PDF)

A Consellería de Educación premia a 106 centros galegos que forman parte da Rede Europea de Educación ‘Comenius’
O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, José Luis Mira, entregoulles unha placa que os identifica como integrantes do programa.
O obxectivo é que os asociados reforcen os seus proxectos grazas á cooperación e a mobilidade entre centros.

A Xunta modificará o Decreto 424/1993, do 17 de decembro, que aproba o Regulamento da actividade pesqueira e das artes e aparellos de pesca permisibles en Galicia
Mar reúnese co sector para consensuar os contidos do decreto de artes e aparellos de pesca.
O director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños enviou o borrador a todas as confrarías galegas para que acheguen as súas propostasA Consellería do Mar comezou unha rolda de xuntanzas para tratar de unificar criterios para a elaboración do novo decreto.
Ler máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario