8 de xan. de 2010

GALICIA

Feijóo subliña a vocación de permanencia e de consenso do Plan do litoral, que ordena e protexe tres veces máis hectáreas que a lei de prohibición dos 500 metros
· O presidente galego, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta
Fotografía: Conchi Paz
Infogauda / Galicia
O presidente remarca o carácter “necesario e inaprazable” da primeira ordenación integral da costa galega, que entra na etapa de alegacións tras pasar hoxe polo Consello.
Salienta que o proxecto parte dun coñecemento exhaustivo “palmo a palmo” da costa galega co obxectivo de acadar un modelo de ordenación territorial propio para Galicia
O xefe do Goberno galego destaca que os provedores da Xunta cobrarán as súas facturas en 45 días, tras a aprobación hoxe do decreto polo que se regula a factura electrónica.
Explica que as empresas poderán elixir entre materializar os seus contratos coa Administración en soporte papel, ou por internet.
Sostén que a modificación do decreto que regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma, aprobado hoxe no Consello, farao “máis eficaz e operativo”.
Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe, 8 de xaneiro, en San Caetano

· O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu a reunión semanal do Consello da Xunta.
Fotografía: Conchi Paz
Premendo na seguinte ligazón poderá ter acceso á referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe en San Caetano, presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
O director xeral de Cultura presenta a IV edición de Espacio Atlántico que “favorecerá ao desenvolvemento do mercado da arte en Galicia e á promoción dos artistas galegos”

· Rolda de prensa de presentación de Espacio Atlántico
Francisco López, concibe a feira como unha oportunidade única que situará a “Vigo e a Galicia nun lugar central no mapa do mercado internacional da arte”.
A IV edición da feira viguesa Espacio Atlántico, antes coñecida como Puro Arte, preséntase completamente renovada e cunha vocación máis internacional que xerará “sinerxías e vínculos culturais que excederán ao propio ámbito galego”.
Ler máis.

Emerxencias recomenda extremar as precaucións pola posibilidade de xeadas
O CAE 112 rexistrou máis de 300 incidencias por mor da neve e do xeo no día de hoxe.

Ler máis.

O DOG publica hoxe a orde pola que se convocan as axudas para a recuperación do potencial forestal para o ano 2010
O prazo de presentación de solicitudes é de un mes contado a partir de mañá, día seguinte á publicación desta norma.
O importe total destas axudas ascende a 800.000 euros coa posibilidade de incrementalo mediante fondos comunitarios, estatais e autonómicos.

A Xunta de Galicia promocionará o destino Galicia en FITUR co Xacobeo 2010 como protagonista, cun completo programa de presentacións da súa oferta turística

· A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, durante a rolda de prensa.
Durante a Feira desenvolveranse unha vintena de actos promocionais das diferentes opcións de turismo, como a Semana Santa de Ferrol, a gastronomía de Lugo, os entroidos de Ourense e a historia da cidade de Vigo.
17 entidades de promoción turística locais e provinciais de Galicia mostrarán a riqueza e diversidade da súa oferta na Feria Internacional de Turismo de Madrid, que terá lugar entre os días 20 e 24 de xaneiro.
Os visitantes do stand poderán contemplar o martelo de prata empregado polo Arcebispo de Santiago na apertura da Porta Santa, cuxa réplica se obsequiará ás SS.MM. Los Reyes de Espana.
Ler máis.


Os Grelos de Galicia obteñen o seu rexistro definitivo como Indicación Xeográfica Protexida
· Logotipo da IXP Grelos de Galicia
Queda nomeado, con carácter provisional, o Consello Regulador desta indicación por proposta do sector.
O pasado 30 de outubro recibiu o recoñecemento da Unión Europea como produto de calidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario