Galicia pechou o mes de decembro con 222.839 persoas desempregadas, 6.011 máis que no mes anterior

Infogauda / Galicia
A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz López, explicou que “non son datos bos”, e apuntou que a Xunta traballará “con todas as súas forzas” para frear esta situación.
Destacou que este incremento mensual de ao redor de 6.000 persoas é inferior en 3.000 parados ao rexistrado no mesmo período (novembro-decembro) de 2008, xa que no exercicio anterior o aumento foi de 9.083.
Galicia é a segunda comunidade onde menos aumentou o desemprego en termos interanuais, só por detrás de Estremadura.
A representante autonómica sinalou o paro diminuíu en 173 persoas entre os menores de 25 anos, e salientou que, por sectores, tamén baixou o desemprego no colectivo sen traballo anterior.

Publícase no DOG a orde de Medio Rural que regula as axudas para a prevención de ataques de lobo ao gando
A Consellería do Medio Rural achega un importe de 28.000 euros para a protección dos rabaños mediante pastores eléctricos e outros elementos disuasorios.

O DOG publica hoxe a orde de Medio Rural pola que se convocan as axudas para o fomento da silvicultura no exercicio 2010
O prazo de presentación de solicitudes é de un mes contado a partir de mañá, día seguinte á publicación desta norma.

O Inega incentivará a través do programa “Bicidadáns” o uso da bicicleta como medio de transporte en 8 concellos en 2010 mediante achegas, a fondo perdido, dun máximo de 700.000 euros
O Instituto Enerxético de Galicia destinará 140.000 euros, como límite, para cada un dos cinco convenios que asinará proximamente cos municipios seleccionados para levar adiante o programa, ademais de prestarlles asesoramento técnico para o desenvolvemento desta actuación.
O obxectivo último desta iniciativa é promover a eficiencia no transporte público, aliviar o exceso de conxestión e reducir o problema medioambiental derivado dos usos dos combustibles fósiles para o transporte.

Desde que puxo en marcha o programa no ano 2006, o Inega leva realizado un investimento total de 2.100.000 euros na promoción da utilización da bicicleta, o que supón un aforro estimado de 195 toneladas equivalentes de petróleo anuais e unha redución na emisión a atmosfera de 595 toneladas de CO2 ao ano.
Economía e Industria apoia cunha subvención de 2,2 millóns o investimento de 22,15 millóns de euros promovido por Galicia Editorial
Con novas instalacións e coa modernización de maquinaria e equipamentos industriais, a empresa ampliará deste xeito a súa capacidade de impresión, sobre todo a cor, e mellorará a súa competitividade.
O investimento conta tamén co apoio do Goberno do Estado a través da liña de Incentivos Rexionais.

A Xunta prohibe a captura da nécora a partir de mañá
O período de veda esténdese dende o 6 de xaneiro ata o 4 de xullo.

Traballo publica unha colección de seis guías para fomentar a implantación da responsabilidade social nas empresas
O departamento autonómico lembrou que nos últimos meses desenvolveu diversas accións relacionadas coa RSE como a actualización da web http://rse.xunta.es
A Xunta puxo en marcha o Observatorio Permanente da RSE.

A Xunta inmobilizou e retirou do mercado o viño da adega denunciada por falsificación de contraetiquetas da D.O. Ribeiro
Medio Rural abriralle á empresa un expediente sancionador por presunta infracción moi grave contra a Lei da viña e do viño.

Ningún comentario:
Publicar un comentario