O BNG EN TUI PRESENTA UNHA MOCIÓN SOLICITANDO CUBRIR VACANTES PROFESIONAIS NO CENTRO DE SAÚDE DA CIDADE
BNG / Tui
O Centro de saúde de Tui sofre, dende hai xa bastantes anos, unha sobrecarga de traballo que non é satisfactoriamente resolta polas administracións públicas.
Neste senso hai varios problemas que preocupan especialmente nestes intres a traballadores e usuarios do Centro de Saúde tudense.
Por unha banda o servizo de pediatría, tal e como manifestan dende o propio centro de saúde, está baixo mínimos “xa que habitualmente os e as enfermeiras e os e as pediatras dobran o número de nenos e nenas que se atenden noutros centros; sendo 1400 nenas e nenos o nº de rapaces atendidos mentres que para a Organización Mundial da Saúde a recomendación é que cada pediatra atenda como máximo un nº de 800 pequenos e pequenas”.
Por outra parte, un segundo problema atinxe ao persoal do centro xa que cando algunha persoa se pon enferma non é substituída por ninguén o que provoca un incremento de traballo moi forte para os compañeiros e compañeiras do centro. Por poñer un exemplo: unha médica leva mais de catro meses de baixa sen ter sido substituída por ningunha outra persoa provocando o incremento de pacientes para o resto dos e das doutores e doutoras do Centro de Saúde.
Por estas razóns o BNG de Tui presentou unha moción no Pleno de novembro, que debería ser debatida en Decembro, na que insta ao Concello de Tui que solicite á Consellería de Sanidade a contratación dun novo pediatra para o Centro de saúde e a substitución do persoal sanitario cando este está de baixa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario