3 de dec. de 2009

O ROSAL

O alcalde deulle licencia a dúas vivendas en zona non urbanizable


O responsable da infracción urbanística é o alcalde e o goberno municipal do PP

O construtor foi concelleiro de urbanismo co PP en Tomiño


O alcalde negoulle ao BNG un informe sobre a legalidade



BNG / O Rosal
Despois de ser denunciado, o concello tivo que realizar un deslinde urbanístico no lugar de Ladaíñas, (Tabagón). Segundo o plano de medición dúas vivendas estaban construídas fóra da zona urbanizable.
Dende o BNG solicitamos un informe técnico sobre a legalidade destas vivendas, petición que se nos negou. O alcalde deunos largas e díxonos que deberiamos solicitarllo á Consellaría de Política Territorial, alegando que era a administración competente. Nós consideramos que non é así, pois quen deu licencia foi a Comisión de Goberno co alcalde á cabeza. El é o responsábel. Non é de recibo que tarde oito meses en contestar á nosa solicitude para simplemente “escorrer o vulto”.
Todo parece indicar que hai unha clara e grave infracción urbanística na concesión desas licencias, que curiosamente foron concedidas a unha empresa dunha persoa que no seu día foi concelleiro de urbanismo co PP en Tomiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario