A DEPUTACIÓN PROMOVE A EDICIÓN DE "A ESMORGA", DE BLANCO AMOR, EN INGLÉS

José Luis Baltar anunciou hoxe a inminente publicación da obra, traducida polo profesor Craig Patterson, en colaboración con Galaxia.
Infogauda / Ourense
A Esmorga, a novela máis universal de Eduardo Blanco Amor, será publicada en inglés co apoio da Deputación de Ourense. Así o anuncio u hoxe o presidente da institución provincial, José Luis Baltar, durante a tradicional ofrenda, organizada polo PEN Clube de Galicia, que cada 1 de decembro se realiza no cemiterio de San Francisco, en lembranza de Blanco Amor. Ao acto asistiron, ademais do presidente da Deputación, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e o presidente do PEN Clube, Luis G. Tosar, entre outras autoridades.A publicación en inglés de A Esmorga é un proxecto realizado pola Deputación de Ourense xunto coa editorial Galaxia, posuidora dos dereitos de autor da obra, e conta co traballo de tradución a cargo do profesor de Cardiff Craig Patterson, destacado investigador da literatura galega que ten publicadas importantes obras de escritores galegos, entre eles Otero Pedrayo.“A importancia deste traballo radica no impulso que terá para a literatura galega a promoción en inglés dunha das obras senlleiras da nosa literatura”, en opinión de José Luis Baltar. O presidente provincial dixo que a figura de Blanco Amor ten unha longa e histórica vinculación coa Deputación de Ourense, xa que esta institución é depositaria da súa extraordinaria biblioteca, un xesto de xenerosidade dun dos escritores máis emblemáticos para a nosa provincia e para Galicia enteira, unha mostra de xenerosidade e compromiso para que o seu legado quede a disposición da sociedade en xeral”.Baltar destacou, asemade, a inauguración da exposición “EDUARDO BLANCO AMOR. DA SÚA PROPIA MAN”, que terá lugar esta tarde no Centro Cultural. Trátase dunha mostra que recolle material manuscrito de Blanco Amor, xunto co o orixinal de “A Esmorga”, dedicatorias de libros a vellos amigos de Ourense, un percorrido visual pola súa vida e mesmo obras de artistas ourensáns creadas inspirándose na súa figura ou nalgún dos seus personaxes, acompañadas de obxectos persoais de Eduardo Blanco Amor.“Conmemorando o aniversario do seu paramento e da edición desta obra excepcional, penso que tódolos ourensáns e, en boa parte, tódolos galegos, temos aínda unha débeda contraída con Blanco Amor, débeda que tentamos pagar de maneira decidida”, engadiu José Luis Baltar.A Deputación reeditou hai un par de anos “A Esmorga” e fíxolla chegar a tódolos estudantes de bacharelato da provincia. Editou tamén “ARS AMANDI”, no que se recolle a poesía inédita de Blanco Amor, e financiou o monumento en lembranza de Blanco Amor feito por Xosé Cid. Unha aportación da Deputación de Ourense á promoción da obra de Blanco Amor que terá o seu vindeiro pulo coa publicación de A Esmorga en inglés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario