¡MENOS MAL QUE PRESUMEN DE SERIEDADE E RESPONSABILIDADE!
Cando se presume de facer todo ben, que todo está controlado, que ¡somos os mellores!, como fai o actual equipo de goberno municipal, e os máximos responsables do PSOE, aparecen, e cada vez máis, cousas que non teñen nín pes nin cabeza. A última: INGUIEIROS.
Para o Pleno Ordinario a celebrar o martes día 01.12.2009, vai para o séu debate e aprobación: PROYECTO MODIFICADO DE URBANIZACION DE CALLE INGUIEIROS, elaborado polo inxenieiro D. Baltasar Pujales Estevez.
Se o tema non fora serio, xa que de novo se incumple o trazado diseñado fai máis de 30 anos das alineacións e tal e como se construíron as primeiras vivendas como condición para ceder as súas parcelas.
Botarlle unha ollada o proxecto, sería para reírse como co mellor conto de Farruco.
A data da elaboración do proxecto é do mes de decembro do 2.008, ou o que é o mesmo, feito fai un ano, e nin o autor, nin o Alcalde (Concelleiro de Urbanismo), e mesmo ningún dos seus restantes oito membros do Equipo de Goberno, incluídos os tres liberados, o leeron.
Para colmo dos males, nín o Arquitecto, nín o Arquitecto Técnico municipais, o Asesor Xurídico ou a mesma Secretaria, o emitir os informes que acompañan o expediente, ninguén pasaron da primeira folla, ninguén leeu máis que o título. E iso que nos costan unha boa cantidade de cartos que saen dos impostos que pagan tódolos guardeses.
Si leeran o primeiro documento, atoparían: PROYECTO DE: AMPLIACION MUNICIPAL DE SANEAMIENTO EN PARROQUIAS (BAIONA), e así se nos botan un feixe de páxinas, falando do bó que é o PLAN-E, e como se van cambiar tuberías e colocar outras novas en sitios moi conocidos en A Guarda como son: Belesar, Baredo ou Baíña. Sobre a apertura da rúa Inguieiros, nin unha palabra.
Menos mal que nos dí que a obra vai durar catro meses, sen especificar se vai ser aquí ou a 30 kilómetros.
De tódolos xeitos, esperamos que non haxan pagado o proxecto (ou como se chame) porque senón o PASTEL sería completo.
A Guarda, a 30 de novembro do 2.009.
Celso R. Fariñas
Concelleiro Portavoz
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL

Ningún comentario:
Publicar un comentario