A Consellería de Sanidade destacou a importancia de non baixar a garda na loita contra o VIH/Sida
Foto: Ana Varela
Infogauda / Galicia
Así o destacou Pilar Farjas, na presentación da campaña denominada: Contra a sida ponlle corazón”, do colectivo Colega, no marco de actos que se están a celebrar con motivo do Día Mundial da Sida.
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas afirma que a Xunta aposta pola obra pública para superar a crise e crear emprego
Hernández destaca que o Plan Move contará en 2010 con 522 millóns de euros, o que supón superar nun 13% os obxectivos contemplados no propio plan para o vindeiro ano
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas inaugurou esta mañá unha xornada sobre as infraestruturas viarias de Galicia, na que abordou os retos do Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica.
Recorda que este proxecto viario nace en base a catro principios fundamentais: orientar a políticas das infraestruturas ao servizo, mellorar as condicións de accesibilidade e da mobilidade das persoas e que sexa sostible e, por último, garantir a seguridade no transporte.
Destaca que os beneficios da posta en marcha de infraestruturas viarias non se limitan tan só a mellora das comunicacións, senón que tamén axudan a xerar actividade económica.
Ler máis.
A Xunta pecha o deseño de mellora da estrada entre Vigo e A Ramallosa reducindo as afeccións nun 75% e o número de expropiacións nun 68%, e incrementando a seguridade viaria
Baiona-A Guarda
En canto ao tramo da PO-552 a actuación consiste na realización dunha senda alternativa entre os núcleos de Baiona e A Guarda, que inclúe a mellora de cambios de sentido, unha nova glorieta na Guarda e unha modificación do eixo da estrada para a mellora da seguridade viaria. As modificacións introducidas neste treito, a senda afástase da estrada ao seu paso por Oia, polo que se reducen as afeccións que afectan aos veciños.
Entra en vigor a Lei de medidas urxentes para a modernización do sector de transporte público por estrada en Galicia
Inclúe actuacións no eido de mellora de medidas tecnolóxicas e de explotación, na calidade do servizo, na flota e no equipamento e medidas socio laborais, que contemplan previsións para a formación e o acceso ao traballo en igualdade, así como para a estabilidade laboral.
O Plan de Modernización é de aplicación directa e inmediata para os concesionarios dos servizos que estean vixentes no momento de entrada en vigor desta Lei, servizos que verán incrementado o seu prazo de vixencia en 10 anos a contar da data establecida para o seu vencemento.
As propostas de innovación tecnolóxica das empresas operadoras deberán ser aprobadas pola Dirección Xeral de Mobilidade antes da súa implantación, aínda que, en calquera momento, a Xunta poderá esixir a inmediata implantación das medidas necesarias para a posta en marcha dos plans de transporte metropolitano de Galicia, ou de plans de informacións aos usuarios.


Ningún comentario:
Publicar un comentario