9 de dec. de 2009

TOMIÑO

Nova entrega de diplomas aos participantes no curso de alfabetizacion dixital organizado polo Concello de Tomiño.
O ESPAZO TIC de Tomiño rexistra 40 novos usuarios e usuarias no mes de novembro, ademais son xa 78 os obradoiros tecnolóxicos impartidos neste concello

Grupo de alumnos participantes no curso de alfabetización dixital xunto coa alcaldesa, Sandra González e o responsable do Espazo TIC, Daniel Ozores

A Alcaldesa conversando cos participantes no curso de alfabetización dixital.
Daniel Ozores Álvarez / Responsábel do Espazo TIC e dinamizador da Sociedade da Información
O pasado venres, dia 4 de decembro, finalizaron os cursos de “alfabetización dixital: iniciación a informatica e internet” organizados polo Espazo TIC do Concello de Tomiño. Un total de 18 alumnos recibiron de mans da alcaldesa, Sandra González, un diploma que certifica a participación nestes obradoiros destinados a que xente de calquera idade poda adquirir os coñecementos mais básicos no uso da informática e Internet.

No mes de novembro, o ESPAZO TIC do Concello de Tomiño, en colaboración coa Rede de Dinamización, impartiu un total de 4 obradoiros tecnolóxicos, a través dos que se formou a 23 persoas e que se estenderon ao longo de 44 horas. Os obradoiros impartidos foron “Iniciación a informática”, “Iniciación a Internet”, “Procesador de textos: Writer” e “Creación dunha conta de correo electrónico”.

Asemade, durante ese mesmo mes de novembro, 40 persoas foron inscritas como usuarios/as do ESPAZO TIC para poder aproveitar -sempre de xeito gratuíto- as instalacións e todas as iniciativas que están ofertadas nas horas de aula aberta, que foi utilizada nun total de 480 ocasións.

En canto aos números xerais, desde que botara a andar este servizo, foron xa 677 persoas as que se rexistraron como usuarios. Neste tempo leváronse a cabo 78 obradoiros nos que se formou a 457 participantes.

O Espazo TIC xurdido en abril de 2008 ao abeiro da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, é actualmente un importante punto de referencia dentro da estratexia marcada pola Concellaria de Mocidade e Promoción Económica para difundir e fomentar o uso e aproveitamento das tecnoloxías da información e da comunicación no Concello de Tomiño .

Para iso e durante todo este tempo, o Espazo TIC ven espallando a súa actividade polas diferentes parroquias do concello desenvolvendo accións diversas como charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
Para solicitar máis información sobre as actividades organizadas polo ESPAZO TIC de Tomiño poden dirixirse persoalmente ás instalacións situadas no parque do Campo da Feira, chamar ao teléfono 986.623.304, visitar a páxina web
www.redededinamizacion.eu ou mandar un correo electrónico ao enderezo: daniel.tomino@dinamiza.fundacioncalidade.org.

Ningún comentario:

Publicar un comentario