29 de dec. de 2009

GALICIA

Fernández Currás salienta que a reforma da Lei de caixas despolitiza e profesionaliza os seus órganos de goberno



Infogauda / Galicia
A conselleira de Facenda subliña a importancia de que as persoas que accedan a estes órganos teñan uns requisitos formativos ou de experiencia mínimos.
Asegura que a Xunta ten un papel supervisor, necesario e incompatible ca participación na xestión e, por tanto, nos órganos de goberno.
Resalta que as achegas aportadas polos grupos modernizan e melloran subtancialmente o texto actualmente en vigor.
Educación recorda que o financiamento das universidades para o vindeiro ano diminúe só un 2,5%
A redución global é de 11 millóns de euros para A Coruña, Santiago e Vigo, e non de 29 como afirman.
Educación resalta a importancia dunha mellor xestión dos fondos de cara ao 2010, e esixe unha profesionalidade dos xestores das Universidades.
Non se pode esquecer que estamos sumidos nunha importante crise económica que afecta a todos os sectores da sociedade. As universidades non son unha casta á marxe da sociedade galega.
A través de convenios, as Universidades galegas reciben enormes cantidades de recursos adicionais. En 2008, máis de 28 millóns de euros.
O Goberno galego xa dispón do seu ditame xurídico dende o 21 de decembro
O IGVS agarda o informe da Avogacía do Estado para convocar a Zona Franca e a Autoridade Portuaria de Vigo e tomar unha decisión conxunta sobre os dereitos mineiros afectados pola Plisan.
A Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves é un proxecto cofinanciado polo Porto de Vigo, a Zona Franca e a Xunta de Galicia. A Administración autonómica ten unha participación nesta actuación do 18%.

Ningún comentario:

Publicar un comentario