ÉXITO DE CONVOCATORIA DA ESCOLA TOTAL DE FÚTBOL DA DEPUTACIÓN

Éxito de convocatoria, incluso sorprendente, na asistencia á primeira reunión da Escola Total de Fútbol da Deputación para os concellos de A Merca, Coles, Pereiro de Aguiar e Toén. Este elevado nivel de asistencia –a pesares do frío nesa mañá de encontro- demostra que o enfoque dado á iniciativa da Deputación está sendo extrardinariamente ben acollido por pais e rapaces.
Infogauda / Ourense
Un dos eixos vertebradores deste proxecto é facer do fútbol un elemento de convivencia familiar, tanto entre pais e fillos como entre pais e fillos de diferentes concellos que se coñezan por primeira vez.Armonía, ganas de compartir, risas, disponibilidade a colaborar e participar fixo que se xuntaran máis de 300 persoas nese proxecto de empregar o deporte como elemento de crecemento persoal, comunicación e convivencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario