30 de nov. de 2009

A GUARDA

O REPRESENTANTE DE ESQUERDA UNIDA PRONÚNCIASE SOBOR DAS VIVENDAS AFECTADAS POR EXPEDENTES DE DEMOLICÓN
O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Que EU/IU está a favor de que os Partidos Políticos e cidadáns acaten a decisión do Tribunal Superior de Xustiza.
Que os afectados das 21 edificacións construídas ilegalmente en terreos de só de protección paixasistica, eran conhecedores da ilegalidade das edificacións e se mofaban das persoas que estaban en contra, e dicían todos orgullosos que todo que se constrúe non se tira.
Que algúns implicados compraban terreos para branquear dinheiro, e así construír, para facer fortuna a conta dos amigos que formaban a corporación municipal dos partidos políticos do P.P. Iniciativa Vecinhal, PSOE e BNG.
Dende EU/IU afirmamos que os responsables directos son os alcaldes do P.P. Purificación Álvarez e José Luis Riego e do actual Alcalde do PSOE José Manuel Freitas, e todos asinantes das licencias e sabedores do incumprimento das normativa e leis vixentes. ¿Para que está a Secretaria do Concello? ¿Que responsabilidade ten o Arquitecto Municipal?

EU/IU do Baixo Minho SOLICITA:

Que os ex Alcaldes e o actual Rexedor terían que pagar cos seus bens para indemnizar aos posibles prexudicados.
Que o actual Conselleiro de Medio Ambiente e Territorio, Infraestruturas ten que facerse cargo e estar a favor do Tribunal Superior de Xustiza e facer cumprir a sentencia dos Xuíces.
Que no Parlamento Galego se redacte unha Lei para que os Alcaldes sexan responsables dos incumprimentos das normativas legais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario