30 de nov. de 2009

OURENSE

A DEPUTACIÓN COLABORA NAS OBRAS DE AMPLIACIÓN DAS PISTAS DE ESQUÍ DE MANZANEDA


A estación de montaña presentou hoxe publicamente no Centro Cultural da Deputación as novidades da tempada de inverno 2009-2010

Infogauda / Ourense
A Deputación de Ourense colaborou nas obras de ampliación das pistas de esquí de Cabeza de Manzaneda, que permitirá aos usuarios pode r disfrutar este ano de tres novas pistas, incrementándose o percorrido esquiable ata os 14,5 quilómetros. Así o explicou hoxe o presidente de Meisa, Luis Gurriarán, na presentación das actividades da estación de montaña para a nova tempada de inverno 2009-2010.O traballo realizado nas pistas consistiu no desbrozado e ampliación do ancho dalgunhas pistas, entre elas “Os Corzos” (que conta xa co dobre de ancho), pista que actualmente se atopa en proceso de homologación para competicións de slalom ante a Federación Galega de Deportes de Inverno. O desbrozado ten como obxectivo a limpeza da maleza para que a neve se deposite sobre as pistas na base de herba e se poda practicar o esquí con espesores mínimos. Asemade, se realizaron novas drenaxes na zona alta da pista “Do río” e nas novas pistas, e foron reparadas outras drenaxes existentes, e foi habilitado un novo acceso entre o telesilla Manzaneda e a pista “Antenas”.As novas pistas abertas ao público: “Manolo”, “Lusitania” e “Pluviómetro II” supoñen incrementar un 24% a oferta esquiable de Manzaneda. Teñen respectivamente un desnivel do 13%, o 19% e o 20%.Outro dos aspectos salientables que citou Luis Gurriarán foi o tema dos accesos á estación de montaña. Neste senso comentou que se renovou o firme, a pintura e a sinalización no tramo que vai dende o cruce de Coba ata a estación, e que na plataforma da estación renovouse o firme na súa totalidade.Ademais diso, entre Trives e o cruce de Coba leváronse a cabo labores de rebacheado, limpeza de cunetas e renovación parcial do firme, xunto cun novo trazado e ensanchado dun quilómetro en San Lorenzo. Tamén afirmou o presidente de Meisa que está aprobado o proxecto que permitirá salvar pobos e zonas perigosas con obras de ensanchado e novos trazados, as cales deberán estar finalizadas ao longo do 2010.As nevaradas do pasado fin de semana fixeron, en opinión de Luis Gurriarán, que se anticipase a apertura da estación cunha xornada de portas abertas á que acudiron máis de 1.000 persoas, entre elas uns 300 esquiadores. Desta maneira dáse o pistoletazo de saída á nova tempada de esquí, na cal, se a meteoroloxía é semellante á de anos pasados, prevese un incremento dun 20% de visitantes coa ampliación da oferta de pistas esquiables. Oficialmente a tempada comezará o vindeiro 5 de decembro e prolongarase ate o final de tempada de inverno.Este ano Cabeza de Manzaneda -a estación de esquí máis occidental de Europa- quere tamén ir en consonancia coa crise que afecta a toda España e por elo manterá ou diminuirá os prezos do ano pasado. Luis Gurriarán citou como exemplo que a cea de Fin de Ano, que o ano pasado custaba 120 euros, custará 70 euros. Polo demais, a estación conta cos servizos de cafetería, restaurante, aloxamento e piscina climatizada, xunto cun programa de actividades alternativo ao esquí, aínda que éste é o seu principal reclamo turístico na tempada invernal.O presidente de Meisa, Luis Gurriarán, estivo acompañado na presentación por Nacho Pereira e Jorge Mejuto, directivos da estación de montaña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario