MAÑÁ, BLANCO AMOR E “OURENSE: A CARA OCULTA DA LÚA”

O Centro Cultural da Deputación acollerá o día 1 de decembro, martes, ás 20:00 horas, a inauguración da exposición “Eduardo Blanco Amor. Da súa propia man”, que produce o Centro Cultural en colaboración coa Biblioteca da Deputación, o instituto Blanco Amor e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Infogauda / Ourense
“Blanco Amor. Da súa propia man” é un proxecto expositivo que ofrece manuscritos das súas obras máis senlleiras como “A Esmorga”, primeiras edicións dos seus traballos, dedicatorias dos seus libros a diferentes amigos e coetáneos de Ourense, orixinais de artigos e colaboracións.Tamén se completa a mostra con diversos obxectos persoais do escritor ourensán, que foron donados no seu día á Deputación de Ourense xunto coa súa biblioteca persoal, custodiada dende entón.No eido artístico, creadores como César Prada, Juan Valcárcel e Xosé Cid ofrecen obras baseadas ben en Blanco Amor ou ben na súa obra. Así, poderase ver a maqueta do monumento a Blanco Amor instalado na Praza Bispo Cesáreo, de Xosé Cid, un retrato en collage realizado por Juan Valcárcel e unha interpretación de “Milhomes”, de César Prada.
LA CARA OCULTA DE LA LUNA
Tamén o día 1 de decembro, de seguido no Centro Cultural presentarase o libro “Ourense: La cara oculta de la luna” que recolle textos de Jaime Noguerol, acompañado de debuxos do pintor ourensán Alexandro.Este libro, editado por Irial Comunicación e patrocinado pola Deputación, conta con colaboracións de Chesi, Manuel Villanueva, “Chisco” Fernández Naval, Santiago Lamas, Maribel Outeiriño e Ignacio Rodríguez.O acto estará presidido polo titular da Deputación, José Luis Baltar, e asistirán os autores, Jaime Noguerol e Alexandro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario