O economista Pedro Arias Veira, presidente da Fundación Ágora de Galicia e parlamentario autonómico, pronunciará o vindeiro venres, 9 de outubro, ás 20.00 horas a conferencia: “Crise económica e alternativas políticas”, no Centro Cultural da Deputación de Ourense. Pedro Arias será presentado por Manuel Baltar, vicepresidente do Parlamento de Galicia e membro do Padroado da Fundación Ágora.
Infogauda / Ourense
O acto enmárcase dentro das actividades que desenvolve a Fundación Ágora de Galicia, (www.agoragalicia.org), que está integrada por un colectivo de máis de setenta profesionais de distintos sectores económicos e sociais de Galicia co obxectivo de constituír unha canle de comunicación entre o Partido popular de Galicia e a sociedade civil. A Fundación Ágora atópase nunha nova etapa de funcionamento, potenciando a realización de estudos e investigacións. No seu programa de actividades para o novo curso ten previsto organizar cursos, seminarios, conferencias e debates, e realizará exposicións monográficas sobre temas que fomenten a cultura e difundan ideas que constitúen o seu fin fundacional, a través dos medios dixitais e mediante a preparación e edición de publicacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario