13 de out. de 2009

A GUARDA

NOVO FURGÓN PARA ROBALEIRA


O clube de Remo Robaleira recibe o novo furgón, necesario dende fai anos

Clube de Remo Robaleira / A Guarda

Gracias a DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, CAIXA NOVA e PSA CITROËN o Clube de Remo Robaleira, e moitos outros clubes Galegos, recibiron recentemente os furgóns subvencionados en axuda ó deporte galego.
Ditos furgóns foron costeados parcialmente por estas entidades e os propios clubes, é dicir, cada un aportando o 25% do costo do furgón. O furgón escollido pola directiva do clube foi un Citroën JUMPER, igual a que xa tén por estar moi contentos con este tipo de furgón e por problemas de espacio no clube era o mais axeitado.
O custe do furgón para o clube roza os 8.000 euros os cales puidéronse abonar con axudas particulares, cas cuotas dos socios, subvencións e con case tódolos escasos aforros destes últimos anos. Con esta inversión o clube queda nunha situación delicada para comezar esta tempada pero líbrase dun dos máximos problemas desta última década, o transporte.
Nestes momentos o diñeiro que dispón o clube é mínimo, mentres espera a adxudicación de subvencións, cobro de socios e algún patrocinio.
Para calquera cuestión:

WWW.ROBALEIRA.COM
ClubRemoRobaleira@hotmail.com
robaleiraweb@hotmail.es
Teléfono: 626 690 597

Ningún comentario:

Publicar un comentario