5 de out. de 2009

OURENSE

O CENTRO CULTURAL EXHIBE ESCULTURAS DE GRANDES GEISHAS NA EXPOSICIÓN “ECOS DO PASADO”, DE EMILIA ENRÍQUEZ MARCOS

A Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación do catálogo da exposición “Ecos do pasado”, da artista Emilia Enríquez Marcos, que trae a Ourense unha mostra singular de esculturas de “geishas”, boa mostra do expresionismo que preside toda a obra desta xove artista afincada en Madrid e de raíces ourensáns.

Infogauda / Ourense



A exposición está composta por un total de 21 obras, feitas entre os anos 2004 e 2009, con materiais compostos fundamentalmente por telas endurecidas con colas sintéticas. O resultado son unhas esculturas onde o colorido e os relieves das pezas fan delas unhas “esculturas epidérmicas” como as define a propia Emilia Enríquez.O presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, dixo na presentación do catálogo que o feito de poder achegarnos dalgunha maneira ao arte oriental e coñecer a través da escultura a sensibilidade e o arte das geishas “é enriquecedor e moi atraínte”. Baltar tivo tamén unhas palabras para o avó de Emilia Enríquez Marcos, o que fora durante moitos anos presidente da Audiencia Provincial de Ourense, o maxistrado Francisco Marcos Rodríguez, “co cal me unía unha fonda amizade, pois foi un personaxe que se mergullou perfectamente na sociedade ourensá”.Pola súa banda, Emlia Enríquez afirmou que na súa obra caracterízase por un “afán de dimensionamento”, que pode apreciarse nas grandes cabezas das geishas e nas dimensións sobrehumanas.A artista considera que a geisha en si é unha obra de arte. “Non busco connotacións sexuais nesta obra, prefiro escapar diso; porque para min a geisha é unha figura construída e modelada polo home ao longo dos séculos, e representa a música, a poesía, a danza e moitos outras artes escénicas do lonxano oriente”.Asimismo, o director do Cultural da Deputación, Francisco González, dixo no acto de presentación que con esta mostra de Emilia Enríquez “queremos dar máis protagonismo a escultura, e proba delo é que nestes momentos o Centro Cultural exhibe dúas grandes mostras escultóricas coma son esta, “Ecos do pasado”, e a mostra de Buciños”.
Pode visitarse ate o día 1 de novembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario