27 de out. de 2009

A GUARDA

NOVAS DO CLUBE DE REMO ROBALEIRA
Herme Martínez González / A Guarda

Este fin de semana, dúas boas novas alegraron a sede do Club de Remo Robaleira, a primeira, e a chegada dun patrocinador que viña sendo unha necesidade, a empresa que confia en nós, o seu nome e prestixio, é a empresa Hotelera Hotel El Molino e Hotel Novo Muiño. Damos as grazas a Carlos Fernández, o xerente, por confiar en no Club de Remo Robaleira. Esperamos non defraudalos.
Así mesmo, seguimos necesitando da colaboración das empresas e particulares que queiran apoiar o Remo mediante patrocinio, colaboracións, ou facendose socios.
A segunda boa nova é que esta fin de semana no porto de A Guarda, de novo unha trainera con remeiros do Club de Remo Robaleira de A Guarda, e despois de moitos anos, volve a surcar as súas augas. Grazas o traballo dos anos pasados e o empeño dos adestradores, consíguese consolidar unha tripulación para traineira: 22 remeiros. Catorce na embarcación contando o patrón, e o resto de suplentes e recambios. Despois de meses de adestramento previo, puderon remar nunha traineira. A mesma foi prestada o Club por parte do Club de Remo Meira, a quen desde aquí queremos darlle as gracias.


Con isto conseguimos comezar esta tempada 2010 conseguindo un vello obxetivo, presentar embarcación en todas as categorías, incluindo a categoría raiña do Remo. Esperamos en vindeiras temporadas manter a tripulación completa, de xeito que nun plazo breve poidamos estar competindo na liga Galega de Traineiras, e traer A Guarda unha das regatas do calendario.
Motivo polo que reiteramos que esta directiva e asociación precisa a axuda de todos.


Daremos noticias en breve e vos teremos informados tamén a través da nosa páxina web
www.robaleira.com.
As fotografías desta información corresponden a traineira nesta primeira toma de contacto no porto de A Guarda.
Así mesmo en datas vindeiras, remataremos as obras do Club, e trala inaguración e presentación oficial, organizaremos unhas xornadas de portas abertas.
Un saudo da Directiva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario