O BNG DEMANDA NO PARLAMENTO GALEGO QUE A XUNTA ACOMETA AS OBRAS E A AMPLIACIÓN DA GALESCOLA DO ROSAL
Alberte Alonso Pereira / Responsábel Local do BNG
A portavoz de Educación do BNG no Parlamento Galego, Carme Adán, ven de presentar unha iniciativa pola que lle demanda á Xunta de Galiza que acometa as obras e a ampliación da galescola do Rosal.
Carme Adán lembra que “a galescola sofre unha serie de deficiencias que cómpre subsanar”. Así, lembra que “é necesario colocar termómetros dixitais, acreditar que os vidros de carpinterías interiores e exteriores son irrompíbeis, colocar proteccións para as portas ou a protección das arestas tanto no interior como na zona exterior de xogo”.
Ademais, a deputada do BNG asegura que “tamén cómpre plantexar para a zona exterior de xogo algún elemento que dea sombra, revisar o peche da zona exterior que se está a afundir, ou colocar un sistema de apertura antipánico nas portas de acceso ao centro e tamén nas de saída ao patio, así como instalar detectores de fume en todas as estancias”.
Asemade, salienta que “o anterior Goberno Bipartito tiña a vontade de analizar as posibilidades de ampliación da mesma escola para darlle un mellor e máis completo servizo”.
Ante esta situación, Carme Adán pregúntalle ao Goberno da Xunta polo plan de obras que manexa para a galescola do Rosal e se este plan contempla tamén a súa ampliación.
Pola súa banda, o responsábel local do BNG do Rosal, Alberte Alonso Pereira, engade que, o propio concello tamén tiña proxectado a ampliación da escola infantil, que agora descarta, segundo se desprende do Plan Económico Financeiro que se aprobou recentemente en pleno. No citado plan o goberno municipal afirma que “non se vai levar a cabo por agora a transferencia de capital prevista para a ampliación da gardería”.
“Como se pode paralizar a ampliación dun servizo básico para a conciliación familiar, como é a escola infantil, cando hai 19 nenos e nenas en lista de espera ” pregúntanse os nacionalistas, e engaden que o único argumento dado polo alcalde para xustificar a paralización foi o da “austeridade” no gasto. Para o BNG esta non é unha razón de peso e afirman que “o alcalde debería ser o primeiro en reivindicar esta ampliación para mellorar este servizo e non agachar a cabeza diante dos ditados dos seus superiores na Xunta”, pois curiosamente, o anterior goberno bipartito si tiña a intención de ampliar a galescola.

Ningún comentario:
Publicar un comentario