12 de out. de 2009

CINEMA GALEGO

A curtametraxe Dies dei, de Nani Matos proxéctase este venres en Santiago de Compostela dentro da programación oficial do Festival Curtocircuito 09


Infogauda / Galicia
A verdade e que non podía empezar con tan bo pé. A curta Dies dei do guardés Nani Matos foi seleccionada no prestixioso Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuito, onde se presentaron preto de 2.600 curtas de ata 93 paises. Esta curtametraxe entra na fase oficial da Sección Galicia onde competirá con curtas de directores tan coñecidos e recoñecidos no mundo audiovisual como Jairo Iglesias coa súa curta Campás, Dani de la Torre e Toni Veiga con X nada, ou Jorge Morais ca curta de animación O Pintor de Ceus, esta última premio a mellor curtametraxe de animación Mestre Mateo 2009.

Dies dei presentouse ao público o 30 de maio na Guarda. No seu pequeño transcurso de “vida” xa foi seleccionada para os festivais Filminho, o Festival de Cine Solidario de Guadalajara (FESCIGU), e o Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuito. Esta curta contou cunha axuda da Consellería de Cultura e Deporte para creadores individuais, así como do Concello da Guarda e a Asociación Cultural Morraceira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario